RESTAURANTES E HOTEIS DE A GUARDA CERTIFICAN UNHA SUBIDA NO NÚMERO DE TURISTAS DURANTE ESTE VERÁN
Todos os establecementos coinciden en que as reservas de verán comezaron antes que en anos anteriores, e que o mes de xullo mellorou especialmente na segunda quincena, comparándoo co 2014
Vista parcial da Senda Litoral das faldras do Monte Santa Trega
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O Grupo de Goberno Municipal de A Guarda ven de sinalar que "durante os meses de xuño, xullo e agosto, o Concello de A Guarda recibiu a miles de visitantes nas súas rúas. Este verán, en comparación
cos anteriores, tanto os restaurantes coma os hoteis, notaron unha subida nas
súas reservas e nos seus comensais.
Como vén sendo habitual, o mes de agosto é o que máis
xente atrae a vila, mais durante todo o verán as rúas de A Guarda enchéronse de
turistas.
Segundo os datos recadados nos diferentes hoteis da vila,
en tódolos meses, comparativamente, houbo máis visitantes que nas mesmas datas
do ano anterior. Así, no mes de xuño houbo unha ocupación media do 54%, no mes
de xullo do 70% e no de agosto do 90%, habendo casos nos que tódalas habitación
estiveron reservadas durante todo o mes.
Todos os establecementos coinciden en que as reservas de
verán comezaron antes que en anos anteriores, e que o mes de xullo mellorou
especialmente na segunda quincena, comparándoo co 2014".
Restaurantes
Na súa valoración, fontes municipais afirman que "o caso das reservas e comensais nos restaurantes é
similar. Algúns dos responsables dos establecementos afirman que non recordaban
un verán tan bo nos últimos cinco anos.
A lagosta, indiscutible raiña da variada gastronomía guardesa
Como aconteceu nos hoteis, nos restaurantes e bares da
vila, afirman que xa se comezou a ver a moitos turistas e visitantes no mes de
xuño, cousa que non pasaba nos anos anteriores. Ademais, afirman que este mes
de xullo do 2015 pareceuse o agosto do 2014, polo que foron unhas datas
“excepcionais”.
O gran incremento de clientela veo co mes de agosto,
datas nas que nalgún restaurante chegou a crecer un 70% o número de comensais.
Grupo de música tradicional galega, no desfile folclórico das Festas do Monte Santa Trega, 2015
Durante este mes, e coincidindo tamén coas Festas do
Monte Santa Trega, e as innumerables actividades programadas polo Concello de A Guarda, a
ocupación nas mesas dos restaurantes chegou a ser do 100%.
Dende os restaurantes afirman que ata pechar o trimestre
descoñecen os datos da facturación exacta mais trasladan a percepción
satisfactoria en xeral".
Tódolos profisionais do sector esperan "que o próximo verán esta tendencia á alza que se
viviu no 2015, continúe".



Ningún comentario:
Publicar un comentario