AMPLÍASE O PRAZO PARA
PARTICIPAR NO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS DE CARÁCTER LÚDICO “COIDARTE”
Infogauda / A Guarda
O
departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa que se amplía o
prazo para solicitar prazas para participar no “Programa Diúrno de Balnearios
de Carácter Lúdico COIDARTE”, organizado pola Deputación Provincial de
Pontevedra.
O
programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres),
nun Balneario da nosa provincia.
Destinatarios
e requisitos dos mesmos:
1.
Nacer antes de 1965, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do Documento
Nacional de Identidade (DNI) ou o número de identidade de estranxeiro (NIE).
2.
Ser pensionista. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do certificado
correspondente.
3.
Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador
social dos servizos sociais comunitarios básicos.
É
requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía
incompatible ca actividade do programa.
O
prazo de presentación das solicitudes remata o 5 de outubro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario