16 de set. de 2015

O CASTRO (A GUARDA)

CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA Á ADOPCIÓN DE MEDIDAS CORRECTORAS NA DEVESA E CASTIÑEIRA

Josué Álvarez Alonso (Portavoz Local de Converxencia Galega): "(...) En agosto xa indicábamos que unha vez chegaran as primeiras augas, o barrizal iba ser de campeonato, pero o Concelleiro que vive nas proximidades, unha vez máis mirou para o outro lado, e os resultados están ahí (...)".



As imaxes reflicten á realidade: o barrizal baixa desde A Devesa - Castiñeira (O Castro), ata invadir á estrada A Guarda - Fornelos 
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda

Infogauda / O Castro

 Josué Alvarez Alonso, Portavoz Local de Converxencia Galega en A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello, á seguinte comunicación:

CHEGARON AS PRIMEIRAS CHOIVAS TRALAS ELECCIONS

 O pasado 17 de agosto, e co Rexistro de Entrada nº 5453, presentamos un escrito, sobre as “obras/promesas electorais” levadas a cabo na Devesa-Castiñeira, e donde indicábamos que unha vez chegaran as primeiras augas, o barrizal iba ser de campeonato, pero o Concelleiro que vive nas proximidades, unha vez máis mirou para o outro lado, e os resultados están ahí.

 Cando algúns veciños/as nos fixeron os comentarios sobre a “esquina olvidada”, tiña claro que despois da “recollida dos votos”, era certo o de “pasou o día, pasou a romería”, xa que ninguén volveu a pasar polo lugar para dar inicio as obras, algo que é normal tamén noutros puntos do noso pobo, donde o “chapapote” escomenza a “desaparecer”.

 O perigo agora, non só está para os que circulan por ese lugar, senón tamén para os que se desplazan pola estrada do Castro hacia O Rosal, pois a terra está “invadindo” a zona e incremento o risco para os vehículos que circulan en ámbalas dúas direccións.

 Se unha imaxe vale máis que mil palabras, tamén sabemos, que o que está  a vista, non precisa moita explicación, e as fotografías que acompañamos, son suficientemente aclaratorias.

 Dende Converxencia Galega vimos a solicitar que se tomen as medidas o máis urxentes posibles para evitar que neste lugar poida acontecer algún percance e teñamos que lamentar algún accidente grave, xa que a situación é suficientemente delicada e perigosa.


A Guarda, a 15 de setembro do 2.015     


Josué Alvarez Alonso
Portavoz Local de Converxencia Galega




Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Sr. Concelleiro de Urbanísmo
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario