TRIBUNA ABERTA
INFORMACIÓN O POBO DE OIA
José Manuel Romero Martínez
Portavoz Adxunto de Converxencia Galega
O abaixo, asinante, en representación da
agrupación e do Grupo Municipal de Converxencia Galega, queremos manifestar o
noso punto de vista sobre como está a situación política neste momento no noso
concello, dada cantidade de información que está circulando entre o vecindario,
e tamén dar resposta a todos/as aqueles/as que nos preguntan a diario, ¿Cómo
está a “cousa” no Concello?
Queremos deixar claro, que nin por activa nin por
pasiva, dende a toma de posesión do cargo de concelleiros, nós non temos
mantido ningún tipo de conversación con ninguén, e como dí o refrán, “dous non
falan, si un non quer” Iso é o que hai.
Pensamos que é bó recordar, que sin a presencia de Converxencia Galega e o seu voto na elección da máxima autoridade, en Oia
seguiría gobernando o mesmo partido de sempre, si hubo un cambio, foi porque
así o decidiu o voto dos concelleiros deste partido, pero, desgraciadamente,
estamos vendo que o único cambio foi de persoa, xa que as actitudes son
similares.
Si hai un goberno en minoría, é porque así o teñen
decidido algúns e non teñen feito ningunha xestión por arranxar a situación,
está claro que compartimos a opinión que expresan bastantes veciños/as de que
non se pode seguir moito tempo así, xa que está perxudicando os intereses
dos/as oienses/as.
Dende Converxencia Galega, temos claro que máis
pronto que tarde, é unha necesidade tomar algunha decisión, pero é preciso que
se faga primeiro un análise profundo da situación e de ser posible en poñerse a
buscar a mellor alternativa para os intereses de Oia, namentras, nós,
seguiremos falando cos/as veciños/as, e dando tódolas explicacións que sexan
necesarias para que a información que teñan sexa contrastada con toda aquela
que lles chegue dende outros grupos sociais ou políticos, pero, reiteramos, o
tempo sigue avanzando e iso vai contra os intereses de Oia.
Nós estamos abertos a falar con quen sexa, pero
con luz e taquígrafos, e ca representación que nós decidamos en calquer momento
e en calquer foro, sin presións e sin coacións, na defensa dos intereses do
pobo en xeral.
Oia, a 21 de Agosto do 2.015
José Manuel Romero Martínez
Portavoz Adxunto de Converxencia Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario