REMO
O CLUB DE REMO ROBALEIRA, CAMPIÓN DE GALICIA DE TRAINERIÑAS
• Na categoría xuveníl feminina
A tripulación xuvenil feminina do Club de Remo Robaleira celebrando a consecución de Campionato de Galicia de Traineriñas, 2024
Fotos: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O Club de Remo Robaleira, de A Guarda vén de participar no Campionato de Galicia de Traineriñas, disputado na xornada de onte domingo 19 de maio, en augas do porto de Moaña.
Ata esa vila do Morrazo, o Club de Remo Robaleira desprazou dúas tripulacións femininas: as xuvenís e as absolutas.
Na categoría xuvenil feminina, Tecla Baz Baz, Nerea Dorna González, Claudia Dorado Acevedo, Claudia Dorna González, Ester Dorado Acevedo, Tania Dorado Acevedo e Uxía Fernández Videira (temoneira), entraron na liña de meta cun crono de 16.35:97, por diante da embarcación do Club de Remo Chapela - Wofco, 17.31:15 e as representantes do Club de Remo Bueu - Simei, 17.38:54.
Dese xeito, a tripulación xuvenil feminina do Club de Remo Robaleira fíxose co Campionato de Galicia de Traineriñas, 2024. Un novo logro deportivo que vén a premiar todo o traballo realizado ao longo de toda á temporada.
O Club de Remo Robaleira tamén estivo representado pola tripulación absoluta feminina, formada por Irene Rodríguez Rodríguez, Elena Daniela Irima, Leticia González Lorenzo, Genma González Vicente, María Lozoya González, Erea Rodríguez Martínez e Juan Antonio González Barbosa (temoneiro), que cun crono de 16.29:39 lograron un 5º posto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario