A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA
A data prevista é a do sábado día 15 de agosto
Agrupación Musical do Rosal / O Rosal
Como ven sendo costume nos últimos anos a Agrupación Musical do Rosal organiza cada verán unha excursión. Despois de visitar varias illas do Parque das Illas Atlánticas como Cíes e Ons desta volta toca achegarnos ata a Illa de Cortegada o vindeiro 15 de agosto.
Data: 15 de agosto de 2015 (sábado festivo)
Prezos:
‐ Alumnos, socios ou familiares directos: 20 €
‐ Outras persoas: 23 €
Inclúe: Autobús, ruta en kayak descenso polo río Ulla ou traslado en barco, e ruta de sendeirismo guiada.
Os nenos menores de 14 anos deberán ir a cargo dunha persoa maior de idade (como mínimo por cada dous nenos un adulto).
Interesados en anotarse ou para mais información chamar os teléfonos 986 626 311 / 609 866 792.
A illa de Cortegada é un pequeno paraxe natural cheo de historia e encanto. Atópase na desembocadura do río Ulla, xunto ós parques de cultivo da famosa ameixa de Carril. Pertence ó Parque natural das Illas Atlánticas e conta co bosque de laureiro máis extenso de Europa.
A illa atópase a uns 14 quilómetros da illa de Arousa. Trasladarémonos en autobús ata Bamio ou Carril para a continuación desprazarnos ata Cortegada.
Os excursionistas poderán desprazarse ata a illa de dúas maneiras:
‐ Realizando unha ruta en kayak, descenso polo río Ulla ata a desembocadura onde se atopa a illa (no prezo xa está incluído os monitores e todos os materiais necesarios para realizar a actividade: piraguas, palas, chalecos salvavidas, ...).
‐ Viaxando nun barco.
Navegaremos entre os parques de cultivo da famosa ameixa de carril con dirección a algunha das praias da illa ou o seu embarcadeiro.
O mediodía xantar de picnic a cargo de cada participante. Na illa non hai establecementos de restauración, polo que o grupo debe levar o seu propio xantar e bebida.
Xa na illa ademais de desfrutar das súas praias os interesados poderán realizar unha ruta de sendeirismo, da man dun guía do Parque das Illas Atlánticas, para descubrir todos os seus encantos, os restos do antigo poboado galego, a capela en ruínas, as pequenas calas, os frondosos sendeiros e todos os recunchos que ten esta acolledora illa.
Polas características da actividade, ésta podería ser aprazada en caso de mal tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario