5 de ago. de 2015

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA "DESAPARICIÓN" DE SINAIS DE TRÁFEGO

En crave irónica, o concelleiro pón en solfa aos responsables desa situación



Na imaxe podemos ollar unha sinal de tráfego, "aparcada" na beirarrúa da rúa Julián López 
 Foto: Grupo Municipal Converxencia Galega



Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso R. Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

AUMENTA A “COLECCIÓN” DE SINAIS DE TRAFICO DESAPARECIDAS

 Cada pouco temos que falar da “desaparición” de sinais de tráfico en distintos puntos da nosa localidade, e así facendo memoria relembramos con un día apareceu tirada no chán unha sinal na rúa Julia Vaquero, e pouco despois colleu vacacións e xamais se supo dela. Logo colleron exemplo varias na rúa Galicia e ata hoxe, así como tamén temos noutros puntos, os restos da sinal, “protexido” por un cono de advertencia, e posiblemente para evitar que algún viandante despistado mida a altura e coñeza as baldosas das beirarrúas.

 Dende fai días, a “guitarra” está tirada na intersección das rúas Julián López e Brasilino Alvarez, e deben estar a espera de que colla viaxe e desapareza, ainda que o ¿normal? é que fora recollida e levada para os distintos depósitos e naves que ten o Concello para ser arrancada e colocada de novo. Pero bueno, iso noutros sitios será normal, aquí…

 Dende Converxencia Galega, non poñemos en dúbida de que por este lugar non pasa nunca a Policía Local, o Concelleiro de Tráfico ou outros responsables do Concello para dar aviso deste feito e proceder a recollela, aparentemente “ninguén” se enteira, pero así nos vai.

 Dín que o que está a vista non precisa de moitas explicacións, por elo , dende Converxencia Galega, vimos - esperamos que non sexa tarde e desapareza en poucas datas - a facer esta notificación o Equipo de Goberno, para que tomen as medidas pertinentes.

A Guarda, 17 de xullo do 2.015  

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega




Sr. Alcalde
Sr. Concelleiro de Tráfico
Sr. Xefe da Policia Local
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario