O BNG considera insuficiente o horario de apertura do Museo do Mar da Guarda
Ángel Baz: “Hai que facer un esforzo para poñer os nosos recursos en valor”
Ángel Baz portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Ante a presentación do novo horario de verán do Museo do Mar por parte do goberno municipal do PSOE, o cal funcionará soamente fins de semana e festivos, "o BNG quere salientar a súa desconformidade polo horario estabelecido polo concello".
“Para o BNG faise difícil entender que en plena tempada estival, sendo o Turismo un dos principais recursos económicos para este concello, o goberno do PSOE decida manter pechado o Museo do Mar durante os restantes días da semana.
Calquera atractivo turístico, o Museo do Mar ten que selo, hai que poñelo en valor e en xogo na época que máis visitantes temos na Guarda”, sinalou Ángel Baz portavoz municipal do BNG.
“O BNG - concluiu Ángel Baz - considera que o goberno municipal desaproveita así, un punto de atracción turística para o concello da Guarda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario