3 de ago. de 2015

A GUARDA

REMATOU CON ÉXITO O CAMPAMENTO URBANO 2015

Durante todo o mes de xullo, corenta rapaces participaron nas diferentes actividades programadas por este campamento

Monitores e rapazes que participaron no Campamento Urbano
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Campamento Urbano organizado polo Concello de A Guarda finalizou o venres pasado cunha gran festa na que desfrutaron tanto os rapaces, coma as súas monitoras.

 Durante todo o mes de xullo, corenta rapaces participaron nas diferentes actividades programadas por este campamento.



 A pesar de que a meirande parte dos obradoiros e xogos os realizaron no espazo do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde da localidade, os nenos visitaron diferentes puntos do municipio xunto cos seus monitores. Así, fixeron visitas, por exemplo, ó Montiño ou ó Museo do Mar, onde puideron observar o novo acuario e sorprenderse coa cantidade de cunchas e especies diferentes que alberga.

 Este tipo de campamentos urbanos organizados polo Concello están programados para que os pais e nais poidan conciliar a vida laboral e a familiar nos meses de vacacións dos seus fillos.

 Un ano máis esta actividade foi un éxito polo que espera repetirse en anos posteriores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario