1 de ago. de 2015

A GUARDA

RECANTO DA ARTE


MARÍA SOBRINO, UNHA PINTORA GALEGA ALÉN DO ATLÁNTICO

Ata o día 10 de agosto, no Centro Cultural e Social de A Guarda, presenta a mostra "A solas con mis pinceles" 


                                  "Sirena - 2", de María Sobrino


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 As veces, en cada ún de nós, mesmo sen decatarnos, hai un esprito creativo, que permanece agochado no noso interior, ata que un día, como a traverso de un resorte espontáneo, xurde o xenio da inspiración, que nos motiva a desenvolver unha labor artística, que en algúns casos, vai ser continuada no tempo. Sen desperdiciar ningún día máis, apreixando todo o tempo posible, e volcarnos na Arte. Iso ben podería ser o que lle aconteceu a María Sobrino Pereira, unha artista de A Guarda, que en New York, cidade que visitara en 1984, sentiu nacer súa vocación artística. 

 No verán de 1991 viaxaron con ela a Galicia, parte das obras que realizara na metrópole, expondo por primeira vez nunha mostra colectiva organizada pola Agrupación Cultural Guardesa, con unha moi boa acollida por parte do público.

 A súa volta a América do Norte, matriculouse no Queens College Of The City University Of New York, onde recibiu clases, e tamén no Queens Borough Community College, asistindo a clases de dibuxo e de escultura.

 Desde 1991 ata hoxendía, María Sobrino ten traballado sen presa máis sen pausa. Como consecuencia desa labor cotiá, ten exposto de xeito individual, en A Guarda, Tui, Ourense, Allariz, Zamora, New York, Suiza, Goián, Portugal, Santiago de Compostela, Vigo, O Rosal, Port Jefferson,..., nalgúns casos, en máis de unha ocasión, contabilizando unha treintena de exposicións. Dese xeito, é obvio que a pintora guardesa conta con un amplo currículo expositivo, e obras da súa autoría forman parte de coleccions privadas en varios paises e tamén de coleccións institucionais.

    "Eva", de María Sobrino                                   

  Na exposición denominada "A solas con mis pinceles", que María Sobrino presenta no Centro Cultural e Social de A Guarda, o visitante pode disfroitar dunha mostra representativa da labor artística desta pintora, pois presenta obras de diferentes épocas, variado formato e ampla temática: Auroras boreais, barcos, bodegons, figuras, flores, gatos, noivas, paisaxes, peixes, sereas,...

  María Sobrino ten un estilo moi persoal, que parte de un exquisito dibuxo no que as liñas curvas teñen unha preeminencia sobre o conxunto da súa obra, e onde o cromatismo en tons suaves, contribúe a un óptimos resultados plásticos. 

                                  "Sirena - 1", de María Sobrino

  Na exposición de María Sobrino ollamos varias liñas de traballo creativo, onde con toda probabilidade, o visitante vai quedar gratamente sorprendido polas suxestions que ofrece o conxunto da obra que presenta esta pintora. Unha muller que se inspira na Natureza e na interacción do ser humano, tanto no ámeto rural, como no medio urbano, así como nas diferentes actividades - no agro, no mar,...- que nosos paisanos galegos desenvolven a cotío. 

 Non hai dúbida que a pintora María Sobrino leva á Galicia ata New York, no seu sentemento de muller a quen ás circunstancias lle fixeron residir nesa urbe e como antes dixemos, onde agromou á pintora que un bo día, decidiu ceibar á súa enerxía creadora.

 Poder contemplar ás obras que María Sobrino pintou en New York e que agora presenta nesta exposición, é un pracer que está o alcance de todos. Non desaproveitemos esta oportunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario