13 de xul. de 2015

PONTEVEDRA

A NOVA CORPORACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONSTITUIRÁSE O VINDEIRO VENRES, DÍA 17, ÁS 13 HORAS
· 


   Mañá, martes, terán lugar sendas sesións extraordinarias da xunta de goberno e do pleno para aprobar as actas do actual mandato 

Infogauda / Pontevedra


 A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra celebrará mañá,  martes, a última xuntanza do presente mandato 2011-2015. Unha xuntanza de carácter extraordinario que presenta un único punto na orde do día: a aprobación da acta da útima sesión celebrada o venres 10 de xullo. Con esta xunta de goberno, que dará comezo ás 12,30 horas, daráse por finalizado o presente mandato correspondenteaos anos 2011-2015.

 Acto seguido, e ás 13.00 horas  o salón noble do Pazo Provincial  acollerá a celebración do último Pleno extraordinario da actual Corporación  Provincial. Unha sesión na se que dará conta  das actas dos Plenos celebrados o 19, con carácter extraordinario,  e o 26 de xuño.

 Finalmente, a sesión plenaria constitutiva do novo mandato da Corporación Provincial para o periodo 2015-2019 terá lugar o vindeirovenres, 17 de xullo, ás 13 horas.

 O novo goberno provincial decidiráse pola votación dos 27 deputados elexidos en cada un dos 7 partidos xudiciais da provincia: 1 de Lalín, 1 deA Estrada, 3 de Cambados, 7 de Pontevedra, 11 de Vigo, 3 de Tui e 1 de Ponteareas. Deles, 12 correspóndelle ao PP, 10 ao PSdeG-PSOE, 4 ao BNG e 1 a Marea Vigo.

A relación nominal dos deputados da nova Corporación Provincial 2015-2019 que tomarán posesión é a seguinte (por grupo  político e orde alfabética):


NOME DEPUTADOS/AS
GRUPO POLÍTICO


1
JULIO ALÉN MONTES (Partido xudicial de O Condado)
PP


2
LUIS ARAGUNDE ARAGUNDE (Cambados)
PP


3
NIDIA MARÍA ARÉVALO LÓPEZ (Tui)
PP


4
BELÉN CACHAFEIRO ANTA (A Estrada)
PP


5
JOSÉ CRESPO IGLESIAS (Lalín)
PP


6
JOSÉ MANUEL FIGUEROA VILA (Vigo)
PP


7
RAFAEL LOUZÁN ABAL (Cambados)
PP


8
ÁNGEL MOLDES MARTÍNEZ (Pontevedra)
PP


9
ELENA MUÑOZ FONTERIZ (Vigo)
PP


10
MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS (Pontevedra)
PP


11
JOSÉ ENRIQUE SOTELO VILLAR (Pontevedra)
PP


12
JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA (Vigo)
PP


13
MARÍA ISAURA ABELAIRAS RODRÍGUEZ (Vigo)

PSdeG-PSOE


14
CONSUELO BESADA LORES (Pontevedra)
PSdeG-PSOE


15
FRANCISCO JAVIER DIOS POMARES (Cambados)
PSdeG-PSOE


16
JUAN ANTONIO GONZÁLEZ PÉREZ (Vigo)
PSdeG-PSOE


17
CARLOS LÓPEZ FONT (Vigo)
PSdeG-PSOE


18
MARÍA MONTSERRAT MAGALLANES ÁLVAREZ (Tui)
PSdeG-PSOE


19
DAVID REGADES FERNÁNDEZ (Vigo)
PSdeG-PSOE


20
DIGNA ROSA RIVAS GÓMEZ (Vigo)
PSdeG-PSOE


21
SANTOS HÉCTOR RODRÍGUEZ DÍAZ (Vigo)
PSdeG-PSOE


22
MARÍA DEL CARMEN SILVA REGO (Vigo)
PSdeG-PSOE


23
UXÍO BENÍTEZ FERNÁNDEZ (Tui)
BNG


24
XOSÉ LEAL FARIÑA (Pontevedra)
BNG


25
XOSÉ CESÁREO MOSQUERA LORENZO (Pontevedra)
BNG


26
EVA MARÍA VILLAVERDE PEGO (Pontevedra)
BNG


27
XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ (Vigo)
SON (Mareas Vigo)



Ningún comentario:

Publicar un comentario