A FESTA DA LAGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA DA GUARDA SERVIU UNS 500 QUILOS
DE ESTE PREZADO MARISCO
Ademais de este prezado marisco, os establecementos tamén ofreceron polbo, navallas, empanadas, croquetas, percebes, brochetas de peixe,...
A
cantidade de comensais superou todas as expectativas
Infogauda / A Guarda
Vistas parciais da carpa gastronómica ubicada no Portiño Novo, onde tivo lugar á XXV Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira - Fotografías: C.A.G.
A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira celebrada
durante o pasado fin de semana na Guarda, "foi - segundo á organización - un verdadeiro éxito". Tanto os
restaurantes presentes na carpa gastronómica, como a bodega, a cafetaría e a
confeitaría, ou os artesáns participantes na feira e o propio Concello,
organizador do evento, confirman que a XXV edición desta festa superou todas as
expectativas e foi moito mellor ca celebración dos anos anteriores.
En
total, entre os catro restaurantes participantes neste evento, venderon 500 quilogramos de langosta, servida tanto a peza enteira como a metade
e, tanto cocida coma a prancha. Ademais de este prezado marisco, os
establecementos tamén ofreceron polbo, navallas, empanadas, croquetas, percebes,
brochetas ou chulas de peixe sapo.
Toda a xente que durante todo o fin de semana se acercou
á carpa fixo que algúns destes produtos o domingo xa estivesen esgotados, como
por exemplo as croquetas de langosta ou os saquiños recheos de marisco.
Os comensais foron unha constante durante todo o fin de
semana. O venres á noite, coincidindo coa apertura da carpa e a demostración
gastronómica do chef pregoeiro da festa, Yayo Daporta, a carpa instalada no
Porto da Guarda, estivo prácticamente chea.
O sábado, a xente comezou a achegarse polo recinto ás 12:00 horas, momento no que os restaurantes xa comezaban a servir os seus pratos.
Este ano, o que máis chamou a atención, foi que os
comensais foron chegando de maneira moi graduada e constante.
Entre a xente que visitou a carpa atopábanse moitos
veciños da Guarda, do Rosal ou de Tui, pero tamén xente chegadas
dende outros puntos de Galicia, como Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense
ou Sanxenxo. Moitos dos visitantes eran madrileños, canarios, estremeños,
cataláns ou leoneses, pero sen esquecer ós comensais internacionais chegados,
por exemplo, de Portugal, Inglaterra, Francia ou Alemaña.
A pesar de que a festa principalmente baséase na
gastronomía, o resto da programación tamén tivo un espectacular recibimento.
Este é o caso do tren turístico que levaba de forma gratuíta ós visitantes a
coñecer a localidade. A pesar de que había saídas durante toda a tarde e dous
pola mañá, o volume de xente que quixo utilizalo fixo que algúns deles quedaran
sen billetes.
A XX Travesía a Nado Porto da Guarda, celebrada o sábado
a partir das 18:00 horas, tamén foi un éxito de participación xa que máis de 100
nadadores foron quen de rematar o percorrido.
Na feira de artesáns tamén houbo moitos visitantes e os
inchables e obradoiros para nenos estiveron cheos de rapaces durante toda a súa
duración.
Unha das actividades que máis chamou a atención e fixo
que se formasen colas na carpa foi o taller de fotografías. Neste evento, todo
aquel que quixese, podía facerse unha fotografía suxeitando unha langosta de
xoguete na man, e con diferentes gorros e gafas, aparecer co fondo do Porto da Guarda, e
levala de recordo da XXV Edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
Por último, os concertos que se sucederon durante todo o
fin de semana tamén atraeron a moita xente á carpa. O venres, tras a
inauguración os encargados de poñerlle banda sonora a festa foi a orquestra
“América”. O sábado pola mañá actuou o acordeonista Daniel Vilanova, e pola
noite soou a música dos anos 60 da man do grupo guardés “The Winning Numbers” e
a dos 70 grazas a “Lou Reyes”.
O domingo, os encargados de pechar esta exitosa edición,
foron Claudia Madeira e Rui Teixeira, artistas chegados dende Portugal, que
deslumbraron cos seus fados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario