5 de xul. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA


HAI UNHA "TRAMPA" NA VILA

Está na confluencia da Rúa Coruña coa Rúa Ourense 

Pormenor da "trampa"
Fotos: Anselmo Martínez Pena

Anselmo Martínez Pena / A Guarda

 A día de hoxe, cando se publican centos de fotos do que acontece no porto da Guarda conmemorando a "Festa da Langosta e da cociña mariñeira", saindo en primeiros planos os gobernantes do pobo, cun sorriso a toda cara, eu, atopo outro tipo de foto que xa vai sendo hora de que os responsables de cuidar a Seguridade Vial no pobo, se vaian dando conta de que é o momento de demostrarnos aos veciños de que o aumento de soldo que pidiron e se lles concedeu, vai sirvir para que estas cousas, que para algúns lles parecen banales e pequenas, a outros, parécennos serias e suficientemente perigosas para que dende xá se tomen medidas para arranxar o que se ve na foto, antes de que alguén se deixe o neumático do coche ou moto. ¡Ollo! o da moto pode perder algo máis que o neumático, ahí nesa "trampa" que leva meses a vista, sen que ninguén do concello lle preocupe o máis mínimo.

 Esta "trampa" está na confluencia da Rúa Coruña coa Rúa Ourense. 

 Camiñen un pouquiño é poderán comprobar que a foto é real.

Ningún comentario:

Publicar un comentario