O PARTIDO POPULAR EXPRESA SÚA PREOCUPACIÓN POLA SEGURIDADE NO RÍO MIÑO
Conchi Ortega resalta “que dada as dificultades da zona da desembocadura do Río Miño, que ben coñecemos os guardeses, creo que se fai moi necesaria unha embarcación permanente, preparada para calquera rescate durante todo o ano (...)"
Vista parcial do tramo final do Río Miño, onde á actividade pesqueira e á práctica de deportes náuticos deberan motivar á dotación permanente dunha embarcación de salvamento na zoa de A Pasaxe (Camposancos) - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
A traverso dun comunicado de prensa suscrito por Conchi Ortega Martínez, concelleira portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de A Guarda, remesado á Redacción deste xornal dixital, "o Partido Popular amosa a súa preocupación polos incidentes con risco ocorridos no Río Miño, preto da desembocadura, como o acontecido o sábado día 4 de xullo pola tarde, xa que deu volta unha embarcación con risco para a súa ocupante. Nese momento non había unha embarcación a disposición inmediata do Grupo de Emerxencias Supramunicipais. Coñecemos que os particulares, amosando de continuo a súa solidariedade, unha vez mais prestaron unha embarcación onte aos efectivos de Emerxencias de A Guarda para que puideran actuar neste salvamento".
Ortega resalta “que dada as dificultades da zona da desembocadura do Río Miño, que ben coñecemos os guardeses, creo que se fai moi necesaria unha embarcación permanente, preparada para calquera rescate durante todo o ano. Supoño o sentimento de impotencia que debe embargar os operativos de emerxencia, cada vez que teñen un aviso dende o 112 e non teñen o medio máis básico, unha embarcación para ir a salvar unha vida”.
"Amosamos - engade Conchi Ortega - o noso apoio a proba deportiva que estaba tendo lugar no porto de A Guarda, na que estaba a zodiac segundo as nosas informacións, pero tamén pensamos que outra embarcación, das moitas que hai no porto pudo facer o seguimento, e manter esta permanente para o Servizo de Emerxencias. Ademais non denunciamos o caso puntual, senón varios acontecidos nos últimos tempos, todos solucionables si a embarcación durante todo o ano estivera preparada para saír os efectivos de emerxencias. Si é necesario sempre tendo en conta os riscos e actividade pesqueira (lamprea, angula,...) desenvolvida no río, no verán mais aínda se cabe, xa que moitos turistas se achegan as nosas praias, sen coñecer como nós, os riscos do tramo final do Rio Miño.
Pensamos que a zodiac debería estar preparada para saír na Pasaxe, e de non ser así, na base de emerxencias pero con un carro para trasladala e actuar ante unha clamada de risco.
O Partido Popular de A Guarda, ten especial sensibilidade con todos os asuntos sociais, e ca coordinación e medios de seguridade, xa que de todos eles dependen vidas humanas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario