JOSÉ MANUEL ROMERO (RESPONSABLE DE CONVERXENCIA GALEGA EN OIA): "UN DOS PUNTOS POLO QUE IMOS A LOITAR É FACER UNHA REDUCCIÓN DOS SALARIOS DOS CARGOS POLÍTICOS NO CONCELLO DE OIA"
José Manuel Romero Martínez, responsable local de Converxencia Galega en Oia
Infogauda / Oia
José Manuel Romero Martínez, responsable local de Converxencia Galega en Oia, ven de facer público seu agradecemento en nome desa formación política. Como se sabe, para Converxencia Galega, a primeira vez que se presentou en Oia a unhas Eleccions Municipais, foi ás do pasado 24 de maio. Dada á magnífica acollida dispensada polo electorado oiense, Converxencia Galega contará con tres representantes na vindeira Corporación Municipal do Concello de Oia; motivo polo cal Romero Martínez ven de expresarse nos seguintes termos: "En nome das mulleres e homes que forman a candidatura de Converxencia Galega en Oia, en nome de todos eles e das persoas que axudaron, cooperaron,..., queremos dar gracias polos 491 votos acadados; a todas esas persoas que representan ó 25% dos votantes oienses.
Gracias polo feito de obter 3 concelleiros; sabemos e somos conscientes, que isto supón todo un fito histórico nestes 37 anos de democracia en Oia. Gracias ó apoio destes 491 veciños, logramos entrar con forza no Concello e ser unha das forzas decisorias na formación do novo goberno municipal".
"Sabemos e somos conscientes - engadiu José Manuel Romero - que isto é unha gran responsabilidade; imos tentar estar á altura dos compromisos que fixemos público os veciños de Oia. Para as persoas que formamos a candidatura de Converxencia Galega, un dos puntos polo que imos a loitar é facer unha reducción dos salarios dos cargos políticos no Concello de Oia.
Gracias a todos, imos tentar facer realidade o noso programa e sobre todo manternos cerca da xente e informala da realidade administrativa do Concello".
Ningún comentario:
Publicar un comentario