RECANTO DA ARTE
FÉLIX GÓMEZ FILDALGO: UN GRAN ESCULTOR
Félix Gómez Fidalgo no seu obradoiro de Visodoseidos (O Rosal)
Foto: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal
Fai un feixe de anos - alomenos máis de 30 -, estiven na casa materna da familia Gómez - Fidalgo, en Visodoseidos (O Rosal), e "descobrín" ás primeiras obras de un mozo, daquela artista novel autodidacta, que - modestia aparte - non me pasaron desapercibidas. Cando lle preguntamos a súa nai quen era o autor daquelas pezas feitas en granito do País, respostounos: "Fíxoas Félix, con unha punta de anciño!". E decir, sen ás ferramentas imprescindibles para á labor de escultura en pedra. E dese xeito, sen dubida-lo nin un minuto, díxenlle que quería falar con él, porque era necesario que todos coñecesen o talento que había naquelas obras antropomorfas, de tallado tosco, e técnicamente falando, moi primitivas. Precisamente por iso, sabíamos que Félix Gómez Fidalgo tiña vea artística, cecais herdada de algún dos seus ancestros, ou se cadra, inspirada no seu entorno máis inmediato, e por suposto, xurdida do seu maxín creador. Unha vez tiven á posibilidade de falar con Félix, o xoven artista aceptou expór na Casa da Cultura (Rúa Ramón Sobrino - A Guarda), sendo esa súa primeira mostra individual, organizada polo que suscrebe, daquela responsable da Sección Plástica da Agrupación Cultural Guardesa.
Aquela primeira exposición individual de Félix Gómez Fidalgo - da que persoalmente nos sentimos moi satisfeitos - foi o comezo de un camiño deica á profisionalidade, procurada polo própio artista, habendo colabourado máis adiante, no obradoiro do malogrado Xoán Piñeiro Nogueira, xa finado o artista de Nerga, e despois no de Xosé Antúnez Pousa. Con Pablo Pousa Carrera, n´un primeiro intre, e despois con Antúnez Pousa, Félix Gómez Fidalgo, foi adequerindo os coñecementos técnicos que lle permitirían andado o tempo, desenvolver unha labor creativa que vai gañando en experiencia, sen perder ás señas de identidade do artista.
Pasados un cantos anos, voltamos por Visodoseidos, co ánemo de retomar o contacto con Félix, e cecais nesa ocasión non foi á máis propicia para o reencontro. Daquela non lle apetecía "sair nos medios", e nós, como non podía ser doutro xeito, respectamos esa determinación. Andando o tempo, sabemos que Félix Gómez Fidalgo ven atendendo encárregos - cruceiros, imaxinería,... -, e mesmo crea obras que forman parte da súa vertente menos clásica, o cal é indicativo que o artista non se detivo na nube da bohemia, e procura desenvolver novos retos creativos. Novos xeitos de expresión e novos estilos. Constatar esas liñas de traballo, e para nós moi gratificante.
E agora, grazas á reportaxe fotográfica que ven de facerlle noso apreciado amigo, o fotógrafo Santiago Baz Lomba, podemos decir que Félix Gómez Fidalgo, é un grande artista, que si ben ten por diante moito percorrido ainda, non é menos certo que súa andaina desde aquela primeira exposición ata o día de hoxe, foi un camiño de avance continuado. O cal é moi positivo, tanto para o própio artista como para os seus, e por extensión, para o acervo cultural do Concello do Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario