O PARTIDO POPULAR AGRADECE Á LIMPEZA DAS PRAIAS POLO PERSONAL CONTRATADO NO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Cando xa os usuarios levan mais de un mes usándoas.
Conchi Ortega afirma tamén que "(...) é urxente á remodelación da Rúa Concepción Arenal, para dotala de doble sentido da circulación (...)".
Na infografía pode ollarse unha vista parcial da Praia do Forte - tamén coñecido como Praia do Muiño -, en Camposancos (A Guarda), onse se sinalan ás zoas sensibles -márxe de seguridade (mínimo 4 metros de ancho), e zoa de cría da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), así como a zoa de Talitrus saltator (pulga de praia), e a zoa suxa (zoa de Homo Sapiens) - os que manchan -, formulando ás seguintes interrogantes: Por qué razón non se utilizan máquinas para á limpeza, respetando ás zoas sensibles? Noutras praias da nosa Comunidade o fan, por que nós non?
Infogauda / A Guarda
"O Partido Popular
de A Guarda, agradece que por fin se limparan as praias polo
persoal contratado no Plan de Emprego da Deputación,
cando xa os usuarios levan mais de un mes usándoas", así de reflicte nún comunicado que ven de facer público Conchi Ortega Martínez.
"Non obstante - engade Conchi Martínez - amosamos as
nosas dúbidas sobre o método empregado para limpar a Praia do Muiño.
Pensamos que acotando as zoas sensibles ecolóxicamente, (4 metros máis abaixo
da vexetación e 4 por riba da liña de preamar) poderían utilizarse
máquinas e facelo mais a menudo.
Recordemos que é o
noso principal escaparate para o turismo que busca Praia, e ainda que limpa,
seguimos denunciando que as inmediacións da Praia do
Muiño non se atopan en bo estado de conservación".
Ortega "preocupada polo
desemprego", agradece "a contratación destas 30 persoas no Plan de Emprego, no
cal se invertiron máis de 125.000,00€ pola Deputación de Pontevedra".
"É de destacar - sinala á portavoz do Partido Popular de A Guarda - que este
persoal está a facer un gran servizo no noso concello, non só na limpeza das
praias, senón tamén no punto limpo, na limpeza das rúas e beirarúas, desbroce
de camiños, cunetas, etc.
Sabemos que non é
suficiente cando no Concello seguíamos tendo 886 parados en maio, a pesares da
redución nestes 5 meses de mais de 120 desempregados. Por eso é urxente a
remodelación da rúa Concepción Arenal para dotala de doble sentido de
circulación. Como medida provisional con cableado aéreo, pódense instalar tres
semáforos sincronizados nos cruces das rúas Canónigo Domínguez Fontenla,
Pacífico Rodríguez e Brasilino Álvarez
neste periodo estival. Non se pode perder un momento cando se trata da
oportunidade de crear ainda que fora un só posto de traballo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario