ESTREA DO DOCUMENTAL “ESCOLA DE XADREZ” SOBRE O CLUB ALBATROS DA GUARDA
Proxecto Socheo / A Guarda
Este documental foi feito por iniciativa de Proxecto Socheo en colaboración co Club de Xadrez Albatros da Guarda. A idea de facer este filme documental foi de Daniel Lomba, antigo responsable de formación de Albatros mais tamén participaron Xurxo Chirro na edición e Alfonso Vicente na imaxe gráfica.
Fai unha década fixérase unhas gravacións para ilustrar unha comunicación nun congreso de psicoloxía deportiva. Esas imaxes nunca viran a luz pública. Case unha década despois volveuse a traballar sobre esas imaxes. Os contidos científicos intentáronse manipular para facer unha homenaxe ao club Albatros.
A manipulación consistiu en facer unha panorámica ampla de como estaba organizado o Albatros fai unha década e mostrar a todos os axentes que nel confluían. O Albatros é unha institución deportiva da Guarda que posúe unha dilatada traxectoria. Desde Proxecto Socheo queremos felicitar a súa labor e desexar que a súa actividade continúe por moitos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario