CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA SOCIOS/AS DE ÉRGUETE BAIXO MIÑO
Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro xoves día 25 de xuño de 2.015; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte
ORDE DO DÍA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Presentación do Estado de Contas.
3º Presentación da Memoria de Actividades 2.014 e Programa para o 2.015.
4º Proposta de modificación dos Estatutos da Entidade.
5º Rogos e preguntas.
Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax (986 61 44 07), no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico (info@erguete.org)
Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente
A Xunta Directiva
NOTA: Por mor do 25 aniversario da Asociación, ao remate da xuntanza, a directiva e todos/as aqueles socios/as que nos queiran acompañar iremos cear xuntos (correndo a cargo de cada un/ha).
O lugar e o custo da cea o concretaremos ese mesmo día, en función da cantidade de persoas que sexamos.
Rogamos nos avisen con antelación no Tfno.: 986 61 44 07
Fonte: Asociación Érguete Baixo Miño
Ningún comentario:
Publicar un comentario