DETECTADA
UNHA MANCHA DE MILDIU NUN VIÑEDO DE O
CONDADO
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirten
que, ante as a condicións climatolóxicas destes últimos días e o momento da campaña no que se atopa a
vide, hai un elevado risco de infección de mildiu
debido ás abundantes chuvias rexistradas.
Tal e como se advertía no último aviso dado o 30 de abril
ante as previsións meteorolóxicas que se anunciaban, as tarefas de vixilancia
realizas na última semana veñen de detectar a aparición da primeira mancha de
aceite (aínda en fase de inicio) nunha parcela de albariño da comarca de O
Condado.
Malia a todo, dende a Estación Estación Fitopatolóxica do
Areeiro confirman que polo de agora é a única mancha detectada tralas análises
feitas na propia parcela do centro.
Os responsables da Estación pontevedresa recomendan
“a aplicación de tratamentos especialmente naqueles viñedos que aínda non recibiran ningunha intervención”.
Os técnicos lembran que os funxicidas sistémicos ou penetrantes son os máis
recomendados neste intre. Este tipo de tratamentos non sofren lavado ata unha
hora despois da súa aplicación e a caída de posibles precipitacións, o que
permite aproveitar os claros no ceo para bota-los. Tamén aconsellan engadir “un mollante para facilitar a
adherencia do tratamento á vexetación”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario