VÍCTOR COYOTE, PRESENTA CON MÚSICA DE VERBENA, O CONTO "TÍO BUDO"
Será o xoves día 7 de maio, ás 18:00 horas, na Biblioteca Eliseo Alonso, co CEIP Antonio Fernández, de Goián
Con motivo da recente remodelación da Biblioteca Eliseo Alonso, do CEIP “Pintor Antonio Fernández”, de Goián, e, asemesmo do recente Día do Libro, a Asociación de Nais e Pais, organiza unha actividade moi especial: a presentación do maravilloso conto “Tío Budo”, de Víctor Coyote, coñecido músico e deseñador de Tui, que inclúe o manual para un perfecto tío.
A presentación será este xoves día 7 de maio, ás 18:00 horas, na Biblioteca Eliseo Alonso, co CEIP Antonio Fernández, de Goián, e contará coa participación de Víctor Coyote.

Ningún comentario:
Publicar un comentario