26 de maio de 2015

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CONMEMORA SEU XXIX ANIVERSARIO CON UN CONCERTO

Será o domingo día 31 de maio, ás 18:30 horas, no Auditorio do Rosal


Infogauda / O Rosal

 Con motivo do 29º aniversario a Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un concerto este vindeiro domingo día 31 de maio ás 18:30 h. no Auditorio do Rosal, baixo a dirección de Carlos Ramón Pérez.  

 No seu programa interpretarán o pasodobre Begoña Jiménez, de Saúl Gómez Soler; os catro movementos (Inferno, Ascensión, Purgatorio, Paraíso) da Divina Comedia, de Robert W. Smith; a Suite Galaica, de Antón Alcalde, e Espírito Galego, de Santiago Quinto Serna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario