CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON NOVE PREFERENTISTAS DO BAIXO MIÑO SANCIONADOS INXUSTAMENTE
Será este mércores día 27 de maio, ás 09:30 h., diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra
Imaxe dunha concentración anterior diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra - Foto: José Luis García Portela
Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño
Dende a Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño informamos:
Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na concentración que se celebrará este mércores día 27 de maio, ás 09:30 h., diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de nove preferentistas do Baixo Miño sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta.
Así pois facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar a súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan a concentración convocada diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. Coincidindo así cos xuízos de :
- María Victoria González González. Expediente 3892/2013.30/05/2013. 600euros.
- Yolanda Domínguez Viñas. Expediente 3903/2013.30/05/2013. 600euros.
- Juan Carlos Villa Alonso.Expediente 3897/2013.30/05/2013. 600euros.
Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta.
O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000 euros e esiximos a súa retirada.
Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario