VOTAR NON É SOIO UN DEREITO, SENÓN UN EXERCICIO DE RESPONSABILIDADE DEMOCRÁTICA
Infogauda
Comezou maio e polo tanto xa estamos a tiro de pedra das Eleccions Municipais de 2015. Dentro de uns días comezará á campaña electoral propiamente dita, ainda que nesta ocasión, semella que entre valas que algún candidato con excesiva premura para iso, situou onde lle petou - e que semanas despois tiveron que ser retiradas -, xuntanzas con sectores varios, presentación de candidatos á alcaldía, posteriores presentacións das candidaturas o completo, etc., a precampaña está sendo, probablemente máis longa do que viña sendo noutras eleccions municipais precedentes. E iso, o noso entender, non ten porqué ser negativo, todo o contrario, pois o tratarse dunhas eleccions locais, a primeira tarefa de tódolos partidos que presentan súas candidaturas, debera ser motivar á cidadanía a participar en todo o proceso, desde o comezo. Non temos constancia de que en tódolos casos se fixera así e iso pode supor que algúns cidadans non teñan á motivación suficiente como para acudir o vindeiro día 24 de maio os colexios electorais, e depositar cadanseu voto, aquelas persoas con dereito a exercer ese dereito democrático.
Desde Infogauda entendemos que coa participación de tódolos electores, estas Eleccions Municipais deben servir para darlle un pulo á A Guarda e que este pobo volte a recuperar á actividade económica necesaria e o emprego, para que o panorama mude en positivo.
Hai moito por facer, comenzando por activar o PXOUM, que de xeito inxustificado permanece hibernado, con unha absurda cláusula de confidencialidade - sin motivo nin razóns confesables -, que nada di en favor dos que impuxeron esa cláusula nin tampouco dos que á aceptaron.
Hai moita labor por diante, sobor de todo, cando o verdadeiramente importante continúa sendo unha tarefa pendente, como a posta en marcha do Plan Director do Monte Santa Trega, por exemplo, ou a activación da zoa industrial A Guarda - O Rosal.
Temos á certeza que nesta ocasión o peso específico de tódalas candidaturas que optan a conquerir representantes na vindeira Corporación Municipal, é maior que noutros comicios precedentes. A maioría das organizacions partidarias fixeron un esforzo para captar ás persoas que consideraron máis válidas para desenvolver á labor de goberno - os que teñan esa responsabilidade -, ou para fiscalizar á devandita labor, se o que toca é traballar desde á oposición. E non pasa nada, se o resultado das Eleccions Municipais supón un troco de responsabilidades. Xa aconteceu en épocas anteriores e á cidadanía soubo estar á altura das circunstancias.
Sexa como sexa, o que sí está claro é que A Guarda necesita avanzar e para iso é preciso que as formacions que logren representación, tomen á determinación de traballar arreo para que á cidadanía recupere á ilusión, e a curto e medio prazo, comecen á verse resultados positivos. Pero para iso, que ninguén se esqueza que votar non soio é un dereito, senón un exercicio de responsabilidade democrática.

Ningún comentario:
Publicar un comentario