CONVERXENCIA
GALEGA MANTIVO UNHA REUNIÓN DE TRABALLO CON ACIGU
A delegación de Converxencia Galega, en A Guarda expresou súa determinación de "(...) asumi-lo compromiso de aunar esforzos para que despois de 20 anos da eterna promesa electoral, intentar que sexa realidade o proxecto do Parque Industrial A Guarda-O Rosal, implicando a tódolos sectores da vida comercial, industrial e política do Baixo Miño".
Carmen García Braga, presidenta de ACIGU, e o xerente desta entidade, reuníronse con catro dos candidatos de Converxencia Galega, de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O pasado día 29 de abril, na sede social de ACIGU, tivo lugar unha xuntanza de traballo entre a Presidenta desta asociación, Carmen García Braga, acompañada
do seu xerente, José D’Aldea, e varios membros da candidatura de Converxencia Galega o Concello de A Guarda: Celso R. Fariñas, Beatriz Estévez, Xosé María Martínez Rodríguez "Chechu" e
Josué Alvarez.
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, en A Guarda, sintetizou para Infogauda o contido dese encontro: "Fíxose un repaso das distintas actuacións políticas e
sociais destes derradeiros catro anos da lexislatura, que está a piques de
rematar, e donde queda pendente por arranxar, entre outras moitas cousas, a
proposta na que coincidimos sobre a variación da Taxa Municipal de
Abastecemento de Auga, para que sexa unha realidade a tarifa polo consumo real
existente para o pequeño comercio e as familias, que podería conlevar un aforro
de máis do 15% anual.
Tamén se plantexou a delicada situación económico-laboral,
da precaria situación do pequeño comercio local, e da ausencia dunha política
municipal seria de colaboura nesta materia.
Falouse igualmente da unidade de acción a iniciativa plantexada por Converxencia Galega, conseguíndose que se conxelaran dende novembro do 2012, os
Impostos Municipais, e deste xeito non incrementar a presión fiscal na
localidade.
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” afirmou igualmente: "Tamén se fixo unha exposición dunha serie de iniciativas
cara a próxima lexislatura, destacando o Plan de Reactivación do Comercio Local
que será consensuado cos comerciantes, pois tal e como están as cousas, hoxe é
un dos poucos sectores que é capaz de xerar emprego e polo tanto é un dos que
máis necesita maior atención. Dentro do citado Plan hai que establecer
bonificacións nos impostos municipais para as empresas que xeneren creación de
postos de traballo (...)".
A delegación de Converxencia Galega, en A Guarda expresoulle á presidenta e o xerente de ACIGU súa determinación de "(...) asumi-lo compromiso de aunar esforzos para que despois de
20 anos da eterna promesa electoral, intentar que sexa realidade o proxecto do
Parque Industrial A Guarda-O Rosal, implicando a tódolos sectores da vida
comercial, industrial e política do Baixo Miño".
Asemade, en decraracións a este xornal dixital Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, afirmou: "As mulleres e homes de Converxencia Galega consideramos que trala crise sufrida durante
estes anos, pódese saca-la conclusión da perda de peso en tódolos eidos de A
Guarda, en referencia do resto do Baixo Miño", e que "(...) así mesmo se sinte o gran
pesimismo e apatía social, do desencanto, e ca cifra de cerca de 1000 parados e
unha gran morea de xóvenes que se ven obrigados a emigrar, facendo que as veces
a sociedade guardesa semelle un pobo fantasma, valeiro e sin ilusión e
esperanza, polo que é preciso a unidade de acción na busqueda dún futuro para
todos e que ten que vir co esforzo de todos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario