2 de maio de 2015

A GUARDA

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, aposta pola mellora da oferta de prazas e a xestión pública da Gardería municipal da Guarda 

“Coa concesión rematada, a menos dun mes das eleccións o PSOE pretende unha nova privatización da Gardería”

Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda

Infogauda / A Guarda

 A futura xestión da Gardería Municipal de A Guarda salta á palestra pre-electoral. Segundo refire Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda, "(...) a intención do grupo de goberno do PSOE de iniciar unha nova contratación coa lexislatura case rematada, é froito da improvisación e da súa habitual falta de planificación". 

 "No último pleno extraordinario celebrado, o grupo do PSOE aprobou a modificación da modalidade de contratación do servizo da Escola Infantil Municipal para adecualo a realidade. O BNG considera esta modificación necesaria, mais lembra que o PSOE tivo 8 anos de goberno e non fixo nada até este momento", afirma Ángel Baz. 

  En decraracions a Infogauda, Ángel Baz engadiu: "O BNG denuncia a intención do goberno do PSOE de volver contratar a unha empresa privada a xestión da Gardería municipal, cuestión coa que o BNG non está de acordo". 

 “Dende o BNG-AA apostamos por uns servizos de xestión pública e transparente asumidos polo Concello en vez de empresas privadas. A desidia e a falta de planificación do PSOE a tomar decisións á carreira e a escasas datas das eleccións, condicionando ao próximo goberno municipal” comentou Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda. 

 Ángel Baz relembra que "no ano 2004, o actual concelleiro de Cultura e candidato do PSOE, Antonio Lomba, consideraba unha privatización o modelo de xestión que hoxe aproba xunto cos seus compañeiros de goberno". 

O localismo do PP e PSOE custa máis 141.000 € ao ano 

 "O BNG - afirma seu candidato á alcaldía de A Guarda - foi a única forza política que no seu momento apoiou a iniciativa de transferir a xestión da Gardería municipal da Guarda á daquela Vicepresidencia da Xunta da Galiza dirixida polo BNG. Sendo unha iniciativa que melloraba a dotación, persoal e sen custos para o concello da Guarda. 

 Aquel acto de localismo de folletín estálle custando ao pobo da Guarda máis de 140.000 € ao ano".

Ningún comentario:

Publicar un comentario