HOCKEY LIÑA
ESTE DOMINGO ARRINCA A LIGA GALEGA DE HOCKEY LIÑA
Unha vez más a falta de instalacións adecuadas na vila da Guarda impide o equipo xogar coma titular na casa
Miguel Fernández Lomba / A Guarda
O domingo 10 de maio arrinca a Liga Galega de Hockey Liña coa participación do equipo A Guarda Hockey Liña nas tres categorías, infantil, feminino e masculino. Despois dos bos resultados acadados na Liga Promoción, na que o xove clube guardés acadou os subcampionatos masculino e infantil e a terceira praza feminina, o equipo da Guarda afronta con ilusión este novo reto.
A competición desenvolverase nos vindeiros meses nas cidades da Coruña e Lugo, unha vez más a falta de instalacións adecuadas na vila da Guarda impide o equipo xogar coma titular na casa, sendo significativa a circunstancia de tampouco poder xogar en Vigo debido a pouca disposición amosada polo IMD vigués para facilitar esta competición na cidade olívica.
Podedes seguir en vivo tódolos partidos na páxina web da Federación Galega de Patinaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario