CONVERXENCIA GALEGA REITERA UNHA POSIBLE ALEGALIDADE NA ACTUACIÓN DE UN FUNCIONARIO MUNICIPAL
Desde setembro do ano 2.012, este Grupo Político, escomenzou a denuncia-la irregularidade de que funcionarios e empregados municipais, os cales non podían substituir nin asumir o posto de Funcionarios de Habilitación Nacional
Beatriz Estévez Álvarez, Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A traverso da súa concelleira-portavoz, Beatriz Estévez Álvarez, o Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas o seguinte escrito:
SOLICITUDE
DE CERTIFICACIÓN DO DEPARTAMENTO XURÍDICO DO CONCELLO
Beatriz Estévez Álvarez,
Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, por medio de este escrito,
EXPÓN:
Que no mes de setembro do ano
2.012, este Grupo Político, escomenzou a denuncia-la irregularidade de que
funcionarios e empregados municipais, os cales non podían substituir nin asumir
o posto de Funcionarios de Habilitación Nacional con plaza ou destinados neste
Concello por cuestións que non son competencias súas, ou por non ter a
titulación académica oficial para cubri-la a vacante ou ausencia de dito
Funcionario de Habilitación Nacional.
Despois de transcurridos
varios meses, o Goberno Municipal, daba a impresión de que había quedado claro
que cando había unha baixa temporal por enfermedade, formación e/ou traslado,
había que solicitar da Administración correspondente a un funcionario de igual categoría e estudos para cubrir esa
sustitución e/ou plaza.
Nestes momentos nos atopamos
que seguimos inmersos no mesmo erro, e dende o Goberno Municipal se procede a
“ubicar” a amigos/as en prazas polas que acceder a un sobre-soldo, nunha
situación cando menos “alegal” e para mostra un botón: en diversas datas e
especialmente o do empregado municipal (Sr. José Carlos Martínez Crespo)
atopamos documentos nos que actua como Secretario Accidental por ausencia da
titular desa praza.
Tendo en conta que dito
empregado (Sr. José Carlos Martínez Crespo) non é funcionario de habilitación
nacional para poder cubrir esa ausencia temporal/interinidade, xa que para
poder ocupar esas funcións deberá estar en posesión da titulación académica
oficial que lle sinala a Lei 7/2007 (E.B.E.P.) os funcionarios do Grupo A-1
(Licenciatura Universitaria)
No suposto caso de non ter a
titulación requerida, queda reflexado que non pode desempeñar tales funcións, o
cal levaría a que os diversos escritos/documentos que sexan redactados e/ou
asinados por (Sr. José Carlos Martínez Crespo) serían nulos.
Beatriz Estévez Álvarez, en
representación de Converxencia Galega solicita unha certificación do Órgano
Municipal dende o cal se decretou a sustitución/ocupación da suplencia da
titular da Secretaría do Concello polo Sr. José Carlos Martínez Crespo,
reflexando a titulación académica oficial necesaria para desenpeñar a función
referida no Grupo A-1 que corresponde aos Funcionarios de Habilitación Nacional.
No caso contrario, que se
declaren nulos os informes e actos administrativos elaborados polo auxiliar
administrativo Sr. José Carlos Martínez Crespo, xa que consideramos que se está
vulnerando o artigo 53-1 da Lei 30/1992, o ser un acto administrativo o que fai
referencia o artigo 62-1B da mesma Lei (nulidade de pleno dereito dos actos
dictados por órgano manifestamente incompetente).
A
Guarda, a 29 de abril do 2.015
Beatriz Estévez Álvarez
Representante de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario