CONCHI ORTEGA MARTÍNEZ REUNIUSE CO VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA E COA DIRECTORA DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
Ortega Martínez, candidata dos Populares á Alcaldía de A Guarda, transmitiulles a o Vicepresidente e a Directora da Axencia de Turismo, "a importancia do turismo na Guarda como motor económico para revitalizar o Concello e crear emprego"
Conchi Ortega Martínez - a esquerda da imaxe -, flanqueada polos candidatos ás Alcaldías de Tomiño e do Rosal, na reunión co Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, e con Mª Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia de Turismo de Galicia
Infogauda / A Guarda
Conchi Ortega Martínez, candidata do Partido Popular á Alcaldía de A Guarda, estivo presente o pasado xoves, nunha reunión con Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, e con Mª Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia de Turismo de Galicia.
Ortega Martínez transmitiulles a o Vicepresidente e a Directora da Axencia de Turismo, "a importancia do turismo na Guarda como motor económico para revitalizar o Concello e crear emprego".
Nesta reunión estiveron presentes alcaldes e candidatos da zona de Vigo e Área Metropolitana, así como do Baixo Miño. Segundo pudo saber Infogauda, "todos amosaron a importancia que ten para a zona sur da provincia, que a Alcaldía de Vigo regrese a mans populares".
A candidata dos Populares á Alcaldía de A Guarda, agradece a deferencia de invitala a reunión así como o apoio amosado a súa candidatura para o Concello de A Guarda, por Alfonso Rueda e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario