20 de abr. de 2015

OIA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU SÚA CANDIDATURA PARA ÁS MUNICIPAIS

O acto tivo lugar na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Mougás

No atril, Xan García Pouso, secretario xeral de Converxencia Galega, acompañado por José Luis Giráldez Figueiro, candidato á Alcaldía do concello de Oia, e outros membros da candidatura e José Manuel Romero Martínez, Responsable da Agrupación Local de Converxencia Galega de Oia.


Infogauda / Oia

 O pasado sábado día 18 de abril, as 8 da tarde, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Mougás, levouse a cabo a presentación da candidatura de Converxencia Galega que no Concello de Oia encabeza José Luis Giráldez Figueiro, acompañado nos primeiros postos por Romero, Angel, Raquel e Araceli, arroupados polos demáis compoñentes da mesma, e ca asistencia dunha boa cantidade de veciños que enchían ditas instalacións.  

Esa foi á imaxe que ofrecía o salón de actos da Casa Cultural da Comunidade de Montes de Mougás, na presentación da candidatura de Converxencia Galega, de Oia.

 Nún ambiente de expectación e festivo, coa asistencia de Xan García, Secretario Xeral do partido e varios compañeiros da Agrupación Local de A Guarda, foron subindo o escenario da Casa Cultural os diversos oradores que interviron na presentación da candidatura, que foron expoñendo as distintas alternativas a desenrrolar para que Oia e a súa poboación teña futuro.

Compoñentes da candidatura de Converxencia Galega, de Oia, con Xán García Pouso, Secretario Xeral desta formación política  

Compoñentes da candidatura de Converxencia Galega, de Oia


 Os componentes da Candidatura de Converxencia Galega en Oia manifestaron a súa intención de que o diñeiro que se gasta nas pagas do Alcalde e demais membros do Goberno Municipal debe ser na súa maior parte, destinado a investimentos en tódolos barrios e parroquias do termo municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario