COMUNICADO OFICIAL
O Círculo Podemos A Guarda NON CONCURRIRÁ as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.
Como todos sabedes xa, o conxunto de inscritos de Podemos decidimos, tras votación na Asamblea nacional Sí se Puede, non concorrer o proceso electoral municipal co nome de Podemos, deixando aberta a opción de presentarse ao proceso promovendo unha agrupación de electores, ou ben apoiando a algunha outra candidatura cidadá que cumpra os principios de Podemos, tales como a elaboración de listas a través dun proceso de primarias onde as posicións sexan decididas pola cidadanía e dun programa electoral coa máxima participación dos veciños e do tecido social do concello.
Ata o de agora non existe ningunha opción que cumpra con eses principios que para nós son fundamentais, polo cal é correcto afirmar que a día de hoxe NON APOIAMOS NINGUNHA das candidaturas que se coñecen.
Do mesmo xeito, o Círculo Podemos A Guarda non promoverá unha agrupación de electores para presentarse as eleccións municipais; consideramos que a ilusión por contribuir ao cambio, aínda que nos desborda, non nos pode cegar, e somos conscientes do tempo que leva facer un proxecto con garantías e responsabilidade, digno do noso pobo.
Esta decisión non implica que nestes próximos catro anos dende o Círculo Podemos A Guarda non vaiamos a traballar arreo para facer un concello máis transparente e defender a legalidade e os intereses dos veciños desta vila.
Quedamos a disposición de toda a cidadanía e invitámosvos a participar porque: PODEMOS SOMOS TODOS!
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario