O PARTIDO POPULAR PRESENTOU SÚA CANDIDATURA AS ELECCIONS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO
O candidato á alcaldía, Jesús Mª Fernández Portela, conta cos mesmos membros da lexislatura actual como signo da unidade e do bo traballo feito nestes anos
Jesús Mª Fernández Portela, candidato dos Populares á Alcaldía do Rosal presentou as mulleres e homes que forman parte da candidatura que preside
A candidatura dos Populares do Rosal ao completo
Infogauda / O Rosal
O Partido Popular do Rosal presentou o pasado martes a súa candidatura para as próximas eleccións municipais.
O candidato á alcaldía, Jesús Mª Fernández Portela, conta cos mesmos membros da lexislatura actual como signo da unidade e do bo traballo feito nestes anos.
Na imaxe, candidatos do PP e público asistente ó acto de presentación da candidatura
O acto desenvolveuse na Sala de Exposición do Concello acompañado dun bo número de veciños e veciñas do Rosal e contou coa participación de Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte; Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia; Luís Serantes, Secretario de organización do PP de Pontevedra; e Rocío de Sinde, Secretaria Provincial do PP.
Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, no decurso da súa intervención
Destacaron o bo facer do actual alcalde, a súa preocupación e dedicación aos problemas dos veciños e veciñas deste concello e a súa capacidade de diálogo e consenso.
Jesús Mª Fernández Portela, candidato dos Populares á Alcaldía do Rosal
O cabeza de lista presentou os obxectivos propostos en todas as áreas de traballo, dando prioridade as áreas de Servizos Sociais e de Emprego e Formación de xeito que, a atención psicolóxica a menores, o servizo de atención básica no fogar e de dependencia, as axudas a familias en risco social, a posta en marcha do IV Plan de Igualdade, e a mellora da situación das persoas desempregadas, a formación ocupacional, o asesoramento a emprendedores e a participación en programas de emprego, formarán parte do seu traballo diario, asegurou Jesús Mª Fernández Portela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario