CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN A SUSPENSIÓN CAUTELAR DE TÓDALAS XESTIONS DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA
Beatriz Estévez Álvarez, concelleira representante de Converxencia Galega no Padroado Municipal Monte Santa Trega
Infogauda / A Guarda
Os efectos oportunos, Beatriz Estévez Álvarez, concelleira e representante de Converxencia Galega no Padroado Municipal Monte Santa Trega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do referido ente municipal, o seguinte escrito de alegacions:
Beatriz Estévez Álvarez, en calidade de representante de Converxencia Galega no
Padroado Municipal Monte de Santa Trega, trala xuntanza celebrada o xoves 23
deste mes por parte deste Ente Municipal, tendo en conta que foi presentado un
borrador de novos Estatutos, e en dita xuntanza foron convocados representantes
dalgunhas entidades que dende fai bastante tempo se ten posto en dúbida a súa
legalidade xa que non aparecen reflexados nas distintas Actas o momento da súa
incorporación como é o caso da E.L.M. de Camposancos e a Irmandade do Clamor,
así como tamén, como se ten manifestado en distintas xuntanzas do Padroado por
parte dalgúns Grupos Políticos e mesmo polas Comunidades de Montes sobre a
“utilidade” de diversos representantes da Administración Provincial e/ou
Autonómica, que deberían ser chamados cando hubese algunha actuación na que
sexa preciso a súa participación por corresponder a área a que representanlles,
sendo a súa función informativa pola que terían voz pero sin voto, temas que
non están resoltos no Proxecto de Estatutos do Padroado Municipal Monte de
Santa Trega que foron presentados na xuntanza sinalada o inicio deste escrito.
Así mesmo, dende fai algún tempo, a
nova Xunta Rectora da C.M.V.M.C. da Parroquia de Salcidos, ven
solicitando/reclamando o seu dereito a ser incorporada de pleno dereito a dito
Padroado dado que as terras e augas vertentes que dan hacia a estrada de A
Pasaxe de Camposancos, consideran que dende tempo inmemorial, corresponden os
límites de dita Parroquia, o que sirve de refrendo a súa solicitude.
Por outra banda, temos coñecemento de
que dita Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Salcidos,
presentou un escrito no Rexistro do Concello no que solicitou que se proceda a SUSPENDER tódalas
xestións e tramitacións referentes a modificación e reparto de ingresos do
Padroado Municipal Monte de Santa Trega acordado na xuntanza realizada o pasado
xoves día 23 de abril deste ano, polos seguintes motivos, que son perxudiciais
aos intereses dos veciños/as da Parroquia de San Lorenzo de Salcidos.
1º- Dita xuntanza foi
celebrada baixo a dirección dun empregado municipal desempeñando as labouras de
Secretario sen que fose nomeado para ese posto por ningún dos órganos que o Concello ten para a
designación de cargos, ben sexa a Xunta de Goberno Local e ratificada polo
Pleno do Concello.
2º.- A persoa que desempeñou
dita función, non ten nin a delegación Plenaria, nin os estudos, nin a categoría
profesional para desenrrolar as funcións inherentes a ese cargo, dado que non
pertenece a ningún dos grupos profesionais nin dispón de de Habilitación
Nacional para desempeñar o posto de Secretario titular nin accidental.
Que pola información recibida de dita
Comunidade, temos coñecemento que solicitaron un novo deslinde dos seus terreos
diante do Xurado Provincial de Montes de Pontevedra, polo que de levar a cabo
nestes momentos calquer reparto dos fondos xerados polo Padroado, sería un
perxuicio da referida Comunidade.
Así mesmo, tendo en conta que estamos a
menos dún mes para a celebración das Eleccións Municipais de 2.015, de donde
vai xurdir unha nova composición da Corporación do Concello de A Guarda, e
despois de máis de OITO (8) ANOS para actualizar, recompoñer e elaborar uns
Estatutos/Regulamento do Padroado Municipal, a espera de un/dos meses, non
debería ser ningunha molestia na súa xestión e tramitación cara o futuro.
Por todo o anterior, dende este Grupo
Político, vimos a solicitar que se suspenda de maneira cautelar o calendario de
xestión para a aprobación dos novos estatutos por diversas causas, algunhas xa
expostas en apartados anteriores, pero denantes de todo, que como dín os
vellos, “do apuro somentes queda o cansancio”, e se ata agora non hubo presa
por arranxar tódolas deficiencias denunciadas en distintas oportunidades por
diversos membros do Padroado, agora, somentes poden crear un enfrontamente
entre dúas entidades de Montes que ata o de agora convivían en armonía na defensa
individual e colectiva dos intereses desas dúas Parroquias.
A
Guarda, a 27 de abril do 2.015
Beatriz
Estévez Álvarez
Responsable
no Padroado Municipal Monte de Santa Trega
CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente do Padroado Municipal Monte de
Santa Trega
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario