AS 22 CONFRARÍAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
RECIBIRÁN ESTE ANO MÁIS DE 700.000 EUROS EN AXUDAS DA DEPUTACIÓN
·
Os seus representantes, a conselleira Rosa
Quintana e o presidente provincial, Rafael Louzán, acordaron hoxe nunha xuntanza,
os criterios e cuantías.
Os pósitos volverán a dispór este ano dos 15
becarios que xa tiveron o ano pasado.
O presidente da Federación, José Luis Rubianes,
considera as axudas fundamentais para o funcionamento dos pósitos.
Imaxe da xuntanza do presidente da Deputación de Pontevedra, a conselleira de Pesca, e representantes das 22 confrarías da provincia de Pontevedra e da Federación Provincial de Confradías
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra aportará ás confrarías da provincia unha cantidade próxima aos 711.000 euros según acordaron hoxe o
presidente da institución, Rafael Louzán, a conselleira de Pesca, Rosa
Quintana, representantes das 22 cofradías da provincia e a propia Federación
Provincial de Cofradías nunha xuntanza habida no Pazo Provincial.
Esta xuntanza ven tendo lugar nos derradeiros
anos para fixar criterios de reparto, unha vez que as cofradías exponen os seus
problemas e as súas necesidades.
Cuantías acordadas
O ano pasado, a Deputación aportou a estas
entidades 711.000 euros, incluidos 15 becarios que, perante un ano,
desenvolveron distintas tarefas nos diferentes pósitos.
Para este ano, a cantidade acordada para
repartir será similar. As liñas de axudas fixada serán a de comercialización,
investimentos propios dos pósitos, recuperación de bancos marisqueiros e
reparacións de locais. Según explicou Louzán, a Deputación adiantará o 50% do
investimento de cada confraría e aportará o 50% unha vez se xustifiquen os
traballos.
O presidente da Federación, José Luis Rubianes,
da cofradía Virxe do Carme de Arcade, explicou que a xuntanza sirveu para
fixar liñas e criterios de axudas e para acordar cómo se xestionarán as
subvencións. Dixo que polo difícil momento que pasa o sector _cuotas,
mortandade, furtivismo…._ as axudas da Deputación son fundamentais para
solucionar problemas dos pósitos e gabou, sobre todo, a concesión de becarios
por un ano.
Pagos e plans conxuntos
Pola súa banda, a conselleira Rosa Quintana
destacou a colaboración das tres institucións; o papel da Federación en canto sintetiza en
tres ou catro liñas de axudas os diversos
problemas das entidades; e suliñou que as cofradías de Pontevedra, nalgún caso,
xa están desenvolvendo plans conxuntos de servizos e traballos.
Ao seu xuizo, estas actuacións aseguran unhas
cofradías máis eficientes e de maior futuro. Informou tamén que a Consellería de
Pesca recuperou zonas improductivas ata agora para o marisqueo.
Finalmente, Louzán afirmou que o correspondente
convenio económico, cos criterios e cuantías hoxe acordadas, será asinado nun
tempo máximo de quince días, unha vez que a Federación remita os criterios de
reparto e a lista de titulacións académicas que precise. Asegurou tamén que os
pagos realizaránse a principios do verán (o 50%) e a finais de setembro (o
restante).

Ningún comentario:
Publicar un comentario