14 de abr. de 2015

DEPORTES

 HOCKEY LIÑA

A GUARDA HOCKEY LIÑA COLLEITOU MOI BOS RESULTADOS NA LIGA GALEGA 4 X 4 

O clube guardés A Guarda Hockey Liña conseguiu posición de podio nas tres categorías 

 Equipo masculino do clube A Guarda Hockey Liña

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 No transcurso da xornada do pasado domingo día 12 de abril celebrouse no Palacio dos Deportes da Coruña o final da Liga Galega 4X4 Promoción de Hockey Liña con grande éxito do clube guardés A Guarda Hockey Liña, que conseguiu posición de podio nas tres categorías a pesares do seu pouco tempo de historia e da falta de instalacións para adestrar na vila.

 O equipo masculino ofreceu a su mellor versión obtendo o segundo posto, somentes superados por Lóstregos HL de Lugo. 

O equipo femino acadou unha meritoria tercfeira plaza nunha complicada categoría

 As rapazas do feminino acadaron a terceira plaza nunha complicada categoría dominada polo Lóstregos HL e as Meigas, campión e subcampión respectivamente. 

Os compoñentes do equipo infantil conseguiron o Subcampionato da categoría

 Namentres que os rapaces e rapazas do equipo infantil conseguiron o subcampionato da categoría a merced de un bo xogo e a pesares da inexperiencia da maioría da plantilla. 

Familiares e siareiros do clube A Guarda Hockey Liña que viaxaron á cidade de A Coruña para apoiar os deportistas guardeses

 Noraboa a estes deportistas polos grandes resultados acadados en esta competición, esperamos que sexan os primeiros de moitos éxitos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario