13 de abr. de 2015

DEPORTES

REMO ERGÓMETRO

NOVE REMEIROS DO CLUB POLIDEPORTIVO SAN XEROME, DE A GUARDA, PARTICIPARON NO CAMPIONATO NACIONAL DE PORTUGAL

Con moi bos resultados na competición

Daniel Lomba Alonso / A Guarda

 O sábado día 11 de abril disputouse o Campionato Nacional Portugués de Remo Ergómetro. O Clube Viana Remadores do Lima, organizador do evento tivo a deferencia de invitar o Club San Xerome-Robaleira a particiapar nel.
   
Equipa do Club Polideportivo San Xerome-Robaleira

Jaime (2º clasificado) e Fabio (3º  clasificado), compartindo podio

María Fernanda, que acadou un 3º posto, tamén fixo podio

 Polo San Xerome acudiron nove remeiros, con moi bos resultados na competición, destacando as actuacións en homes de Jaime Álvarez Pereira (2º posto) e Fabio Martínez Otero (3º posto), e en mulleres, María Fernanda García Orduna (3º posto).  

 Os campións en homes foron César Gonçalves de Barros do APPACDM Viana, e en mulleres, Paula Cristina Dias Santos, do Clube Gaia. 

No centro da imaxe, Domingo Albadalejo

Fabián, José e Fabio

 A clasificación completárona polo San Xerome, Domingo Albadalejo (7º), Julián Tur (14º), José Bargiela (15º), Borja Cadilla (17º), Miguel Ángel Bello (21º) e Fabián Santos (22º). 

 Unha vez máis agradecer ao Clube Viana Remadores do Lima a súa invitación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario