15 de abr. de 2015

A GUARDA

CULTURA

"overbodocabaqueiro" estará na XVIIª Bienal de Cerveira

Esa obra é da autoría de Alfonso Vicente Rey, de A Guarda


"overbodocabaqueiro", de Alfonso Vicente Rey

Pormenores da obra "overbodocabaqueiro"


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 A obra "overbodocabaqueiro", do artista Alfonso Vicente Rey (A Guarda, 1973), ven de ser seleccionada para a XVIII Bienal de Cerveira, que se celebrará en Vila Nova de Cerveira, desde o 18 de xullo ata o 19 de setembro de 2015.

 Realizada con polpa de papel, acrílico, esmalte sintético e pan de ouro, "overbodocabaqueiro" ten unhas dimensions de 70 x 50 cm. 

ALFONSO VICENTE REY
 Artista plástico e ilustrador freelance. Licenciado en Belas Artes, pola Universidade de Salamanca, e Técnico Superior en Ilustración, título que acadou na Escola de Arte Antonio Faílde, de Ourense.

 Complementou súa formación coa participación en Obradoiros de gravado de José Fuentes Esteve – “Pepe Fuentes”, para seus alumnos -  (Torrellano – Elche, 1951), artista plástico e catedrático de dibuxo e gravado na Universidade de Salamanca, no Espazo Cultural Palacio Los Serrano, de Ávila, nos anos 2007 - “El grabado y la pulpa de papel” - , 2008 - “El grabado a color y la pulpa de papel” -.  e 2009 - “Grabado Objetual” -; así como en 2008, no Obradoiro de Antonio López, Cátedra Francisco de Goya, impartido igoalmente no Espazo Cultural Palacio Los Serrano, da capital abulense. Antonio López García (Tomelloso, 6 de xaneiro de 1936), pintor e escultor, e membro de número da Real Academia de San Fernando, de Madrid.

 En 2009, Alfonso Vicente participou no Obradoiro Internacional de Tendencias Cerámicas de Sargadelos, en Cervo (Lugo). 

 En 2011, dentro das actividades programadas pola Bienal Internacional de Arte, de Vila Nova de Cerveira (Portugal), en dous workshops: Un de cerámica en forno de papel, dirixido por Joâo Carqueijeiro, na Casa do Artista; e outro de gravura, impartido por Choichi Nishikawa, tamén na Casa do Artista.  

 Asemade, en novembro de 2011, Alfonso Vicente participou n´un workshop de xilogravura, orientado por Hiroshi Maruyama, no Atelier de Gondar (Vila Nova de Cerveira). 

 No seu currículo figuran, entre outros, os dous primeiros premios, acadados en 2002 e 2004, respectivamente, no Concurso de pintura rápida, das Festas do Corpus, de Ourense; gañador do Concurso do cartel anunciador da XV Festa da Lagosta (A Guarda, 2005); en 2002, 2003, e 2005, acadou accésits no Certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo; en 2006, o Primeiro premio no Concurso Nacional de Dibujo Galería Artis, de Salamanca; e en 2013, o Primeiro premio no Concurso Iberart, na categoría Dibuxo-xeral. Madrid.

 Alfonso Vicente Rey ten participado en varias exposiciones colectivas:  

 Galardoados no Concurso Nacional de Dibujo Galería Artis. (Salamanca, 2006); Alumnos taller de grabado de Pepe Fuentes-07, Espacio Cultural Palacio Los Serrano. (Ávila, 2007); Alumnos taller de grabado de Pepe Fuentes-07, Espacio Cultural San Martín de Arévalo. Ávila. Espacio Cultural Piedrahita. (Ávila, 2008); Alumnos taller de grabado de Pepe Fuentes-07, Espacio Cultural Barco de Ávila. (Ávila, 2009); Finalistas Prix Raymond Leblanc 2010-2011, Moof Museum. (Bruxelas, 2011); Grabado e innovación: cursos 2007, 2008 y 2009, Espacio Cultural Palacio Los Serrano. (Ávila, 2012); VIII Feria de Arte Contemporáneo de Arévalo. (Ávila, 2012); Viñetas desde o Atlántico, Panorama da BD Galega, Sala de Exposicións Salvador de Madariaga. (A Coruña, 2012); Finalistas Prix Raymond Leblanc 2011-2012, Moof Museum. (Bruxelas, 2012).

 Compre salientar que en maio de 2013, celebrouse na Griffin Gallery, de Londres a exposición "Talentos Europeos Actuales: España y Paises Bajos", cunha selección dos gañadores – entre eles Alfonso Vicente Rey - do premio IberArt e cos premiados do concurso holandés. E do 16 de setembro o 6 de outubro deste ano, á mostra colectiva foi no Museo ABC, de Madrid, onde tamén estivo representado o pintor da Cruzada. 

 De xeito individual ten feito catro exposicións:  A primeira no salón principal da sociedade Recreo Artístico Guardés (A Guarda, 1998); e posteriormente no Centro Cultural e Social de A Guarda, en 1999, 2000 e 2003. 

 Asemade, Alfonso Vicente Rey ten colabourado con algún fanzine, ademáis de haber participado como deseñador de Banda Deseñada (BD), nas seguintes publicacions:  

 In Memoriam (Deseños: Alfonso V. Rey – Guión:  Kike Benlloch), editado por Alita Comics (A Coruña, 2012); A saudade ten o teu nome (Deseños: Alfonso V. Rey – Guión: Kike Benlloch), publicado no nº 6, da revista Barsowia, e súa versión en castelán, La nostalgia tiene tu nombre, no álbum Capital, de Edicións de Ponent (Alacante, 2006). 

 A labor creativa de Alfonso Vicente Rey tamén quedou reflectiva nos cómics Isolement e Dîner pour trois – dúas historias de catro páxinas e portada a cor, con títulos e textos en francés, porque así o esixían ás bases do concurso – que resultaron finalistas no Prix Raymond Leblanc – prestixioso premio anual promovido pola Fundación Raymond Leblanc, dirixido os xóvenes dibuxantes -, e que foron seleccionados entre os 15 finalistas (tanto en 2011 como en 2012) e por iso tiveron á honra de seren  expostos no Moof Museum, de Bruxelas. 

 Alfonso tamén ten feito ilustracións para varias iniciativas comerciais, entre elas para á web Pesca do Río Miño e tamén para unha destilería de Goián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario