O Concello de Tomiño adebeda mais de 100.000 euros á Xunta de Galicia polas obras da nova escola infantil.
Ademáis, ten pendente tamén o pago da liquidación polas obras do centro de dia, que ascende preto de 80.000 euros.
A traverso dunha nota de prensa remesada á Redacción de Infogauda, Paula Romeu Cruz, portavoz municipal do Partido Popular no Concello de Tomiño, quere deixar claro, unha vez verquidas certas afirmacións sobre as consignacións para a construcción da Escola Infantil de Goián por parte da Alcaldesa de Tomiño, e unha vez falado co Consorcio Galego, o seguinte:
Cara á construción da nova escola infantil de Goián, o Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia asinaron un convenio no que o goberno local comprometeuse a asumir o 40 por cento do custe da obra, correspondéndolle o 60 por cento restante á administración autonómica.
Dende o comezo da construción en abril de 2014, a Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ten remitido ao Concello de Tomiño liquidacións polos importes da obra xa executada que lle corresponde asumir. Esas liquidacións ascenden a máis de 100.000 euros e o goberno local ainda non efectuou nin o primeiro pago.
Agora, durante a execución dos traballos detectouse a necesidade de acometer unhas actuacións de rehabilitación na cuberta e na estrutura do edifício, actuacións non previstas inicialmente no Proxecto correspondente e que resultan imprescindibles para poder continuar e rematar as obras da escola infantil.
Para afrontar este imprevisto, o Consorcio e o Concello acordaron asinar un novo convenio para cofinancialo; ao tratarse dun investimento non incluído no orzamento do Consorcio para este ano 2015, o Concello ofreceuse a afrontalo íntegramente e liquidar ao Consorcio a parte que lle correspondería no vindeiro exercicio.
Tras este acordo, sorprenden as declaracións emitidas onte por parte da Alcaldesa de Tomiño Sandra Álvarez tendo en conta que o Consorcio ven asumindo os pagos da execución da obra dende hai un ano sen que o Concello achegase a día de hoxe ningunha cantidade.
Engadir ademáis que o goberno local de Tomiño aínda ten pendente o pago ao Consorcio da parte que asumiu por convenio da construción do Centro de día, una débeda que ascende a 78.853,55 euros. Esa cantidade foille reclamada ao Concello en dúas ocasións, sen resposta ata o día de hoxe. O devandito centro de día está funcionando dende setembro de 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario