15 de abr. de 2015

TUI

O BNG - Asembleas Abertas de Tui aproba a candidatura ás eleccións municipais
  
Carme Núñez, candidata do BNG á alcaldía de Tui, dando lectura o texto de homenaxe a Guillermo Vicente Santiago, co gallo do 14 de abril, aniversario da II República

 O BNG de Tui celebrou unha nova Asemblea Aberta o pasado día 14 de abril para debater e aprobar a lista definitiva de candidatos e candidatas desta formación ás vindeiras eleccións municipais no noso concello. 

 Aprobou-se por unanimidade a proposta surxida de anteriores asembleas abertas e de contactos con diversos sectores sociais incluíndo simpatizantes de todas as parroquias do municipio. A lista estará encabezada pola médico Carme Núñez e caracteriza-se fundamentalmente pola renovación, xa que unha grande maioría dos candidatos proveñen das Asembleas abertas e non son militantes do BNG. 

 A candidatura será presentada oficialmente o próximo sábado dia 18 de abril. Finalizada a asemblea, un grupo de militantes e simpatizantes do BNG desprazaron-se até a corredoira en Tui para realizar un pequeno, mais emotivo acto simbólico coincidindo con a data do 14 de abril. Así colocou-se unha placa de rueiro coa inscrición “Rúa Alcalde Guillermo Vicente Santiago. 1936”, en alusión ao último alcalde republicano de Tui, que morreu e foi soterrado na bodega da súa casa de Pintán (A Guarda), oculto da persecución das tropas franquistas en 1940. 

 José Martínez Tato, fixando á praca que evoca a Guillermo Vicente Santiago, último alcalde republicano de Tui

 Con ese acto o BNG quixo manifestar a súa intención de colaborar desde o próximo goberno municipal coa recuperación da memoria histórica das innumerables vítimas da represión franquista do noso concello posterior ao golpe de Estado de 1936.

Ningún comentario:

Publicar un comentario