DESFEITA NA PISTA DE SKATE
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
"Revisando as notas de prensa e boletíns que emitía no seu momento o Grupo Municipal do PSOE, podemos contemplar como todo canto predicaban e todo canto ofertaban era “fumo de xaruto” xa que as probas nos remitimos, pois o seu “gran discurso” era a situación do parque ubicado cerca da Atalaia e os “destrozos sospeitosos nocturnos” que acontecían cada pouco tempo.
Agora, o que está a vista, non precisa moita conversación, e unha visita o lugar, fai que o que criticaban, é un “chincho” o lado da realidade, polo que non se pode escupir para o ceo, pois logo cai o emplasto nos ollos, e iso é o que está recibindo como resposta a prepotencia e chulería do PSOE, elevada o grao máximo na figura do seu Concelleiro de Cultura, hoxe convertido en candidato.
Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Goberno Municipal para que si non queren arranxar ditas “instalacións” procedan a retirar aqueles “implementos” que son un rico para a saúde e da integridade de quenes fan uso das mesmas.
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Deportes
Sr. Concelleiro de Cultura
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario