26 de mar. de 2015

TOMIÑO

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o alcalde de Allariz, Francisco García, presentarán a candidatura BNG-Asembleas Abertas de Tomiño

Candidata á alcaldía de Tomiño, Sandra González

BNG de Tomiño

  Este venres ás 21 horas, no auditorio de Goián, terá lugar a presentación da equipa que formará a candidatura BNG-Asembleas Abertas de Tomiño.  

 No acto de presentación participará a eurodiputada do BNG, Ana Miranda, o alcalde de Allariz, Francisco García, o candidato número dous, Uxío Benítez, e a candidata á alcaldía, Sandra González.  

 Como xa se deu a coñecer, a candidata á alcaldía, Sandra González, conta coa experiencia dos últimos 8 anos de goberno, con maioría absoluta dende 2011.  

 Tralo proceso de Asembleas Abertas impulsado polo BNG, incorpóranse novas persoas que destacan polo seu compromiso e participación, formando así unha equipa sólida e competente.  

 Así pois, dende o BNG-Asembleas Abertas convidamos a asistir a este acto de presentación e a participar  con novas propostas para enriquecer o proxecto que levaremos para seguir transformando Tomiño.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario