ATLETISMO
ARMANDO VERDE MOREIRA CORRERÁ A MARATHON 2015 DE PARÍS
O deportista da Sociedade Atlética do Trega participará como membro activo da Plataforma Galega de afectados pola hepatite C
Armando Verde Moreira
Infogauda / A Guarda
O vindeiro 12 de abril, o atleta de A Guarda, Armando Verde Moreira, membro da Sociedade Atlética do Trega, será un dos 50.000 participantes da Marathón de París 2015, coa particularidade de que o deportista guardés faráo como membro activo da Plataforma Galega de afectados pola hepatite C.
"Como en los anteriores retos solidarios, busco quien quiera apadrinar parte o todos de los 42,195 kilómetros que serán entregados a la Plataforma Galega de afectados pola Hepatite C, para seguir luchando hasta conseguir erradicar esta enfermedad que hoy por hoy tiene cura y que nos afecta a todos directa o indirectamente", dixo a Infogauda o atleta Armando Verde Moreira.
Tódalas persoas que desexen colabourar poden facer súas aportacions desde 5 € chamando o 693 704 524.

Ningún comentario:
Publicar un comentario