17 de mar. de 2015

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Manuel Vilariño
Tectónica
no CGAC



Manuel Vilariño: Ala solitaria,2015
© Manuel Vilariño, VEGAP, Santiago de Compostela, 2015


 CGAC / Santiago de Compostela

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Román Rodríguez González, ten o pracer de convidalo á inauguración da exposición

Manuel Vilariño
Tectónica

que terá lugar no CGAC o vindeiro xoves, 19 de marzo de 2015, ás 20 h.

 Tectónica realiza unha prospección inédita no universo de Manuel Vilariño. Trátase de indagar cales son as liñas que fundamentan a súa reflexión estética e que explican as súas realizacións plásticas e poéticas, pero tamén a súa experiencia vital. 

 Esta exposición quere buscar os lugares onde se gorece o silencio ou o asombro orixinal do acto creativo, tamén o esplendor das imaxes alí onde estas fulguran quizais por vez primeira. 

 A exposición pensouse a partir de catro vetas: Música, Poesía, Ciencia e Imaxe. En cada un destes estratos de experiencia sensible poderanse contemplar as referencias e liñas de traballo e investigación do autor, á vez que se contextualiza o seu universo poético. Non só con exemplos das súas obras, senón, así mesmo, a través da presenza da súa voz, dos seus obxectos e lecturas, das súas viaxes e dos seus referentes culturais, musicais e de coñecemento.

CGAC CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA 
Ramón del Valle Inclán 2, 
15703 Santiago de Compostela cgac@xunta.es / www.cgac.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario