30 de mar. de 2015

PONTEVEDRA

EDUCACIÓN, CONCELLOS E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ASINAN UN CONVENIO  PAR INVESTIR 2,6 MILLÓNS EN CEN OBRAS EN COLEXIOS DA PROVINCIA


O presidente da Deputación,  Rafael Louzán e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asinaron onte a tarde un protocolo de colaboración para xestionar de maneira coordinada preto dun cento de actuacións en centros de educación infantil, primaria e especial.

Infogauda / Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria investirán un  total de 2.652.000 euros en obras de mellora de  84 centros educativos da provincia. Así se recolle no protocolo de colaboración que o presidente do ente provincial Rafael Louzán e o conselleiro de Educación asinaron na tarde do luns día 30 de marzo, para a posta de preto dun cento de actuacións en todos os concellos da provincia.

Dito acordo ten como principal obxectivo coordinar as obras de reforma, ampliación e mellora (RAM) programadas pola Xunta de Galicia en centros de educación infantil, primaria e educación especial na provincia de Ourense coas actuacións de reparación, conservación e mantemento que son competencia municipal.

1,381.000 euros da Deputación

 Así, a Deputación, de acordo para a xestión coordinada das actuacións necesarias para conservación, mantemento e mellora en centros de educación infantil, educación primaria e educación especial da provincia de acordo coas partidas aprobadas no Plan Provincial de Pontevedra de Obras e Servizos 2015, destinará 1,381,000 euros para traballos de reparación, conservación e mantemento nas instalacións de 39 centros educativos da provincia.

 Trátase de traballos tales como pintura, reparación de elementos de carpintería, limpeza de canalóns, arranxos de tellados ou reposición de cristais, e de zonas de xogo, entre outras.
992.000 euros da Consellería
 Pola súa parte a Consellería  de Educación financiará  as obras de  reforma, ampliación e mellora en outros33 centros educativos de 25 concellos. Cun investimento de 992,000 euros, as actuacións previstas atenden á reparación de cubertas, reforma de fachadas, mellora de instalacións eléctricas, pavimento de pistas, eliminación de barreiras arquitectónicas, illamentos, oucaldeiras, entre outras.
 Obras de competencia municipal
 Asimesmo, no protocolo asinado esta tarde, tamén se recollenoutras 23 actuacións  en centros  de titularidade municipal e que os concellos sufragarán con fondos propios. Trátase de traballos de acondicionamento que suman preto de 280 mil euros  destinados a ó  correcto mantemento dasinstalacións educativas.

Mellora nas instalacións deportivas
 Co fin de establecer un marco de colaboración  entre a Consellería de Cultura, a Deputación e os concellos para unha maior eficacia dos recursos destinados á educación, a sinaturadeste protocolo tamén atende á mellora nas instalacións deportivas dos centros educativos para satisfacer as necesidades do alumnado. O obxectivo é  poder abrir estas  dependencias ó seu uso por parte do resto da poboación fóra do horario lectivo para fins educativos, deportivos e culturaisEste feito poderá levarse a cabo sempre e cando que non se interfira na programación das actividades dos centros e que se garanta a súa correcta utilización.
  Todas as actuacións recollidas neste protocolo deberán estar rematadas o 31 de decembro de 2015. Se ben, poderase autorizar a modificación destes prazos causas excepcionais e tamén se contempla a posibilidade de engadir novas actuacións ás recollidas neste protocolo.
BAIXO MIÑO

OBRAS DE COMPETENCIA AUTONÓMICA
Centro
Concello
Descrición

CEIP A Sangriña
A Guarda
Adaptación da cuberta exterior
30.000
CEIP Refoxos
Oia
Arranxo da posta exterior
18.000
CEIP Sobrada
Tomiño
Cuberta
20.000

OBRAS ACOLLIDAS Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015
CEIP Mestre Manuel García
Oia
Mellora da pista deportiva
20.000
CPI Manuel Suárez Marquier
O Rosal
Falsos teitos
20.000


OBRAS  DE COMPETENCIA MUNICIPAL
Centro
Concello
Descrición

CEIO As Solanas
A Guarda
Arranxos varios
5.000
CEIP de Barrantes
Tomiño
Novos baños
22.000


VAL MIÑOR

OBRAS DE COMPETENCIA AUTONÓMICA
Centro
Concello
Descrición

CPI Cova Terreña
Baiona
Reparación da cuberta
25.000
CEIP Humberto Juanes
Nigrán
Caldeira
48.000
CEIP Xosé Neira Vilas
Gondomar
Ampliación do comedor
20.000

OBRAS ACOLLIDAS Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015
Centro
Concello
Descrición


CEIP Souto Donas
Gondomar
Acondicionamento do aparcamento
25.000
EEi de Cotíos
Nigrán
Habilitación para a biblioteca pública
40.000

OBRAS  DE COMPETENCIA MUNICIPAL
Centro
Concello
Descrición

CPI de Covaterreña
Baiona
Reparación da cuberta en colaboración coa Consellería
18.000


CONDADO-PARADANTA

OBRAS DE COMPETENCIA AUTONÓMICA
Centro
Concello
Descrición

CPI Mondariz
Mondariz
Alxibe
12.000
CEIP Fermín Bouza Brey
Ponteareas
Illamento
20.000
CEP Carlos Casares
Salvaterra de Miño
Ximnasio
60.000


OBRAS ACOLLIDAS Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015
Centro
Concello
Descrición


CEIP Antonio Carpintero
Arbo
Asfaltado do patio interior
25.000
CPI da Cañiza
A Cañiza
Ventás
20.000
CEIP Antonio Blanco Rodríguez
Covelo
Fiestras
30.000
CEIP Manuel Sieiro
Crecente
Peche exterior da escaleira do pavillón
15.000
CEIP Marquesa do Pazo de Merce
As Neves


CEIP Fermín Bouza Brey
Ponteareas
Cuberta da pista polideportiva exterior
198.000


OBRAS  DE COMPETENCIA MUNICIPAL
Centro
Concello
Descrición

CPI de Mondariz
Mondariz
Arranxos varios
4.000
CEIP Nosa Sra. De Lourdes
Mondariz-Balneario
Arranxos varios
1.500
CEIP Altamira e CRA Raíña Aragonta
Salceda de Caselas
Arranxos varios
4.000
CEIP de Leirado
Salvaterra do Miño
Arranxos varios
3.000



VIGO

OBRAS DE COMPETENCIA AUTONÓMICA
Centro
Concello
Descrición

CEIP Peña de Francia
Mos
Electricidade
45.000
CEIP Atios
Porriño
Electricidade
20.000
CEIP Da Cruz Budiño
Porriño
Reforma da instalación eléctrica
25.000
CEIP Laredo-Chapela
Redondela
Cuberta
16.000
CEIP Outeiro das Penas
Redondela
Reparación de aleiros
15.000
CEIP Altamar
Vigo
Reorganización
45.000
CEIP San Salvador de Teis
Vigo
Cuberta
58.000
CEIP Vicente Risco
Vigo
Ventás
30.000
EEI Monta da Guía
Vigo
Reforma planta
35.000

OBRAS ACOLLIDAS Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015
Centro
Concello
Descrición


CEIP Peña de Francia
Mos
Acometida da rede de sumidoiros
50.000
CEIP de Cruz Budiño
O  Porriño
Peche da parcela do centro
25.000
CEIP de Laredo
Redondela
Carpintería
30.000


OBRAS  DE COMPETENCIA MUNICIPAL
Centro
Concello
Descrición

CEIP DR. Suárez
Fornelos de Montes
Arranxos varios
4.000
CPI Curros Enríquez
Pazos de Borbén
Arranxos varios
4.000


MORRAZO

OBRAS DE COMPETENCIA AUTONÓMICA
Centro
Concello
Descrición

CEIP Nazaret
Cangas
Toldos
20.000
CEIP A Laxe
Marín
Electricidade
25.000
CEIP Abelendo
Moaña
Eliminación de barreiras arquitectónicas
20.000

OBRAS ACOLLIDAS Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015
Centro
Concello
Descrición


CEIP do Castrillón-Coiro
Cangas
Melloras no pavillón deportivo
41.000
CEIP Carballal
Marín
Acondicionamento do parque infantil
20.000
CEIP de Abelendo e outros centros
Moaña
Acondicionamento
20.000

OBRAS  DE COMPETENCIA MUNICIPAL
Centro
Concello
Descrición
5.000
CEIP Montemogos
Bueu
Pista polideportiva exterior e outras obras
2.000

Ningún comentario:

Publicar un comentario