30 de mar. de 2015

OIA

CONVERXENCIA GALEGA AGRADECE Á LABOR DESENVOLVIDA POLO DR. VALLEJO

Infogauda / Oia

 José Manuel Romero Martínez "Romero", Responsable Local de Converxencia Galega en Oia,ven de remesar á redacción de Infogauda, unha nota de prensa na que dí o seguinte:

AGRADECEMENTO E LOITA POR RECUPERA-LO SERVICIO MÉDICO


José Manuel Romero Martínez - primeiro pola esquerda -, Responsable Local de Converxencia Galega, de Oia, xunto con Luis Giráldez Figueiro, candidato á alcaldía de Oia, Raquel Martínez Fernández e Ángel Portela Martínez, todos eles membros da candidatura para ás vindeiras eleccions municipais de maio

 Un dos temas de conversación nestes días polos/as veciños/as no Concello de Oia, é as “obras” do novo Centro de Saúde.

  Entre todo, o que máis destaca, é a deixadez e abandono que levan os/as residentes nas zonas máis distantes do casco urbán, especialmente en Loureza, Burgueira, Torroña, Acevedo, etc, que en moitos casos, é fundamentalmente as persoas maiores, con nenos/as ou con grandes impedimentos físicos, teñan que pedir axuda para desplazarse “abaixo” o “local alquilado” con alto rendimento económico para álgúns. (Xa que no cartel instalado en obra –que con cumple ca Lei- non aparece nin o tempo de duración da obra nin a data de entrega das instalacións).

 Nestes días en que Ángel Portela Rodríguez e Raquel Martínez Fernández, integrantes da candidatura de Converxencia Galega están visitando e falando cos seus veciños/as, recollendo as súas opinións e proecupacións pola mellora da calidade de vida, destacan a necesidade de loitar por recuperar o servicio que de xeito desinterado levou a cabo o Dr. Vallejo ata a súa xubilación e que a maioría nota a falta, e o consideran unha necesidade nestes lugares (Burgueira, Torroña, Acevedo, Lourenza, etc.) desde donde, e especialmente no inverno, é todo unha “odisea” percorrer eses 8 quilómetros de desplazamento dende a súas vivendas o casco urbán de Oia, e logo volver a casa no medio da tormenta, o frío, ou a choiva.

  Esta situación está levando a incrementar a despoboación virtual do Concello de Oia, xa que bastantes deles, se trasladan a vivir aos pobos veciños, o que sigue traendo máis problemas para o noso pobo.

 Dende Converxencia Galega queren asumir a responsabilidade de poñer todo o seu esforzo e interés para intentar diante das distintas Administracións e que se busque unha alternativa de acercar a Sanidade aos veciños/as, especialmente os que viven máis alonxados do Centro de Saúde e non ter que desplazarse 20/30 quilómetros (entre ida e volta) para conseguir unha receita.

 Así mesmo, por medio desta nota, queremos manifestar o noso agradecemento pola disposición de asistir os/as veciños/as dos barrios da parte de “arriba” que durante anos desempeñou o Dr. Vallejo. 

 Oia, a 27 de marzo de 2.015

 José Manuel Romero Martínez “ROMERO”     
Responsable Local de Converxencia Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario