"A forza do feminismo"
BNG do Baixo Miño
O BNG do Baixo Miño chama a participar na manifestación unitaria do feminismo galego o vindeiro domingo 8 de marzo.
Os nacionalistas denuncian que o machismo está absolutamente normalizado, sufrindo as mulleres a desigualdade e a opresión do sistema que dia a dia se transmite facendonos crer que non hai vontade colectiva para mudar esta situación.
Dende o Bloque Nacionalista deféndese unha sociedade solidaria cara á igualdade, e, para iso é precísase do feminismo para seguir facendo camiño.
Así pois, co lema "a forza do feminismo", chamamos ás veciñas e veciños do Baixo Miño a participar na mobilización unitaria do feminismo galego, este sábado ás 12h. dende a estación do tren de Compostela.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario