28 de mar. de 2015

GOIÁN

II OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE XUDIÑAS, PARA NENAS E NENOS, ABERTO A TODO O MUNDO

Será o luns, día 30 de marzo, a partires das 16:30 horas, na praza pintor Antonio Fernández. En caso de chuvia será no cole vello


Andrea Pousa Barros  / Goián

 O vindeiro luns 30 de marzo realizarase o II obradoiro de elaboracion de xudiñas para nenos e nenas e todo aquel que queira participar. Será na Praza pintor Antonio Fernández a partires das 16.30 h. En caso de chuvia será no cole vello. 

 O material que tedes que traer é unha tixeira e moitas ganas de pasar un bo rato. 

 Animádevos!  

ENTREGA DO XUDAS FUXIDO AOS VECIÑOS DE VILA NOVA DE CERVEIRA
 • Venres 3 de abril será a entrega do Xudas fuxido aos veciños de Vila Nova de Cerveira. Realizarase un percorrido polo centro de Goián a partires das 17.30 h. na procura do Xudas, acompañados de bombos e membros do Grupo San Roquiño, que escenificarán a captura do Xudas. 

• Podemos participar como público ou activamente na sinxela representación que se levará a cabo.  As persoas que queiran participar poderanse anotar o luns no obradoiro. 

 Repetimos, animádevos, será moi sinxelo e grazas por anticipado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario