27 de mar. de 2015

GALICIA

A XUNTA CONFIRMA AO BNG QUE “EN BREVE” SERÁN ABOADAS AS CANTIDADES POR EXPROPIACIÓNS NO BAIXO MIÑO 
  

 A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou unha pregunta pola demora no pago das expropiacións dos terreos para a construción da estrada Tui-A Guarda   

Infogauda / Santiago de Compostela

 A deputada do BNG, Tereixa Paz recibiu con satisfacción a confirmación do director de Infraestruturas da Xunta de Galiza, Francisco Menéndez quen afirmou que nas vindeiras semanas serán aboadas as cantidades  por expropiacións de terras radicadas nos concellos de A Guarda, Tui, O Rosal e Tomiño.   

 Na súa intervención, a deputada pediu concreción sobre os 500 mil euros pendentes para completar o proceso pendente de pagamento e se esa cantidade “pendente de habilitar crédito”  corresponde a expedientes xa resoltos polo Xurado de Expropiación onde quedan por resolver 8 expedientes cun valor de 15.000 euros. Tras a resposta do director Xeral, a parlamentaria deu por feito que os 500 mil euros só están pendentes dunha habilitación de fondos ao non existir o problema burocrático.   

 Segundo confirmou Menéndez, dende o mes de setembro a situación “mellorou” a respecto dos futuros pagos, Tereixa Paz pediu “un esforzo” á Axencia para axilizar a habilitación dos 500 mil euros que corresponden a expedientes resoltos dende hai un ano.   

 Paz remarcou que as Comunidades de Montes deben ser “resarcidas” dos seus dereitos na maior brevidade  ante os prexuízos burocráticos e económicos ocasionados pola expropiación polo que volveu reclamar o pago, a través dun anticipo da provisión de fondos ou de calquera outra formula posible.        

Ningún comentario:

Publicar un comentario