8 DE MARZO
12 h. Estación do tren (Compostela)
Manifestación nacional
FEMINISMO PARA AVANZAR
Xuntas nunha mesma loita
Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto
Desde a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto facemos un chamado a participar na Manifestación unitaria que o feminismo galego convoca este domingo 8 de marzo baixo o lema: Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita!! e que parte ás 12 h da estación do tren de Compostela para finalizar na Praza de Praterías.
Participa e espalla a convocatoria. Non fiques na casa!

Ningún comentario:
Publicar un comentario