19 de mar. de 2015

A GUARDA

    CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE O CANON POLO USO DA EDAR POR PARTE DO CONCELLO DO ROSAL DEBE SER ACTUALIZADO
 Fragmento da acta do pleno do Concello de A Guarda do 27 de setembro de 2013
 Infogauda / A Guarda

        Xosé María Martínez Rodríguez, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal do Concello de A Guarda, un documento no que afirma o seguinte:
¡MENTIRAS OU COUSAS PEORES!
            Para o Pleno Ordinario do día 27 de setembro de 2.013, presentamos para o Punto de Ruegos e Preguntas, solicitamos resposta na número 3: ¿Que cantidade volumétrica aportou en augas residuais o Concello de O Rosal nos anos 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012?
      Na Acta dese Pleno, atopamos a resposta cos seguintes datos:
ANO
2008: 311.253 m/3
2009: 438.126 m/3
2010: 692.002 m/3
2011: 527.989 m/3
2012: 332.437 m/3
2013: 814.064 m/3

            En vista destes datos que sinalan incrementos de +160% das augas residuais vertidas polo Concello de O Rosal hacia a planta de tratamento de augas residuais  de A Guarda (E.D.A.R.) polo cal abona un cánon anual de 110.000€.
         Dende Converxencia Galega entende que ese canon debe ser actualizado, xa que debería estar relacionado dún xeito proporcional so volúmenes aportados polo Concello de O Rosal.
            No mes de marzo do 2.014, Converxencia Galega presenta a moción para abrir a negociación entre os Concellos de A Guarda e O Rosal e formalizar un novo convenio, que contemplara un novo canon máis achegado os valores de augas residuais tratadas, periodo de vixencia, formas de revisión, etc.,.
         Entre os datos expostos na moción estaban os datos que habíamos recibido do Equipo de Goberno do PSOE no mes de setembro do 2.013, polo que causou sorpresa que o 1º Tte Alcalde D. Miguel Español, dixera que os datos volúmétricos que se reflexaban na moción eran FALSOS, polo que queremos clarexar os seguintes términos:
       1º.- Que tódolos datos que usamos foron sacados da resposta que déu o Equipo de Goberno do PSOE na Acta de Pleno do 27 de setembro do 2013, polo que de ser “FALSOS” os datos, foron FALSEADOS polo Equipo de Goberno do Sr. Freitas, polo que lles mentiu aos demais Grupos Municipais (PP, BNG e Converxencia Galega).
        2º.- Si a Acta de Pleno é un documento oficial, somentes fai falla clarexar si se trata dún erro administrativo, pero tamén temos a posibilidade de fose feita con DOLO (intencionalidade). De ser DOLO, poderíamos estar ante un ilícito penal, o que nos levaría a estudiar a adopción de medidas xudiciais pola vía penal, ou poderíamos atoparnos nunha das situacións máis “típicas” do Sr. Miguel Español, a súa “lentitude de resposta” polo horario en que fixo a intervención dadas as súas actividades previas, ou que –cousa que tamén é normal neste Sr.- “abrira a boca por non estar calado” e somentes fixera unha “exhibición” das súas bravuconadas.
       Todo o anterior, lévanos a que miremos por donde miremos este “asunto”, a cousa cheira moi mal.
      
       A Guarda, a 14 de Marzo do 2.015

   Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega



  Sr. Alcalde-Presidente
  Sr. 1º Tte. Alcalde
  Sra. Secretaria
  Sra. Interventora
  Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario